Saxo Grammaticus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saxo Grammaticus
Saxo Grammaticus.jpg
Nacementoc. 1150
Lugar de nacementoSelandia
Falecemento1220 e c. 1206
NacionalidadeDinamarca
Relixióncristianismo
Alma máterRoskilde Cathedral School
Ocupaciónhistoriador e escritor
Coñecido porGesta Danorum
Na rede
IMDB: nm0334550 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fragmento da Gesta Danorum

Saxo Grammaticus, nado en Selandia aproximadamente entre o 1150 e o 1220, foi un historiador medieval dinamarqués de cuxa vida apenas hai datos. Atribúenselle os dezaseis libros de historia dinamarquesa da súa época, englobados baixo o título Gesta Danorum.

Gesta Danorum[editar | editar a fonte]

No prefacio de Gesta Danorum relata que o seu pai e avó serviron baixo o rei Valdemar I de Dinamarca, como guerreiros, e que el mesmo serviría a Valdemar II de Dinamarca, dun modo máis espiritual. O seu elegante latín e os seus coñecementos sobre a Antiga Roma, presentes fan supoñer que recibiu a súa educación fóra de Dinamarca, quizais nalgunha das grandes escolas eclesiásticas de Francia.

Probablemente foi a súa versión da saga do príncipe dinamarqués Amled a que inspirou a Shakespeare para o seu Hamlet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]