Langeland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 54°55′47″N 10°46′41″L / 54.92972, -10.77806

Langeland Kommune
Comuna de Langeland
Langeland
Map DK Langeland.PNG
EstadoDinamarca
CapitalRudkøbing
 • Poboación4 646 habitantes
Lingua oficialdinamarqués
 • Total291.21 km²
 • % augan/d
 • Total13.094 (2012) hab.
 • Densidade44.96 hab./km²
Xentilicion/d
Código ISOn/d

Langeland é unha illa de Dinamarca localizada entre o Gran Belt (Storebælt) e a baía de Kiel.

Administrativamente é un dos 98 municipios daneses (Kommune) desde o 1 de xaneiro de 2007.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ocupa unha superficie de 285 km², e alberga unha poboación que supera os 13 000 habitantes. Está considerada como unha grande área recreativa.

Unha ponte conecta Langeland con Tåsinge e a illa de Fionia. Hai así mesmo conexións por ferri con Lolandia, Ærø e Strynø.

O municipio de Langeland inclúe tamén as pequenas illas de Strynø e Siø.

A capital administrativa é a localidade máis poboada, Rudkøbing, con 4 646 habitantes.

Localidades[editar | editar a fonte]

Localidades máis poboadas de Langeland
Localidade Poboación (2012)
1 Rudkøbing 4 646
2 Tullebølle 781
3 Humble 631
4 Bagenkop 519
5 Lohals 487
6 Snøde 329
7 Lindelse 321
8 Spodsbjerg 210

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de 2007 a illa dividíase en 3 municipios: Rudkøbing, Sydlangeland e Tranekær.

Referencias[editar | editar a fonte]