Kaliningrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaliningrado
Калининград
Catedral de Kaliningrado
Localización
Kaliningrado en Óblast de Kaliningrado
Kaliningrado
Kaliningrado
País Rusia
Distrito FederalDistrito Federal Noroeste
Óblast Óblast de Kaliningrado
Xeografía
Altitude4,8 msnm
Superficie215.7 km²
Demografía
Poboación441,376 hab. (2013)
Densidade1.964 hab/km²
Outros datos
Código postal236010
AlcaldeIurii Savenko
http://www.klgd.ru/

Kaliningrado (en rusoКалининград, tr. "Kaliningrad"[kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.

Historia[editar | editar a fonte]

O Königsberg alemán[editar | editar a fonte]

O castelo de Köningsberg.

Kaliningrado foi fundada no 1255 polos Cabaleiros teutónicos baixo o nome de Königsberg (a montaña do rei), foi a capital da Prusia ata a unificación de Alemaña, da que pasou a formar parte. Tras a primeira guerra mundial, o territorio prusiano, xunto con Köningsberg, quedou illado do resto de Alemaña polo corredor polaco de Danzig.

Na segunda guerra mundial, libráronse duros combates nos arredores da cidade entre o Exército Vermello e as forzas alemás, que remataron coa vitoria soviética e a captura de case 100.000 soldados alemáns. No final da segunda guerra mundial a poboación sufriu severos bombardeos aliados, que foron seguidos dunha represión intensa dos soviéticos, que tentaron exterminar ou expulsar á poboación.

Kaliningrado na Unión Soviética[editar | editar a fonte]

Ao rematar a guerra, Köningsberg foi renomeado como Kaliningrado (do nome do presidente do Comité Central do Partido Comunista, Mikhaíl Kalinin), cando a URSS anexou os territorios da rexión (rexión de Kaliningrado).

Como compensación pola anexión deste territorio, Polonia anexionouse as rexións alemás de Silesia e Pomerania oriental. Á súa vez, Prusia Oriental foi dividida en dúas partes: a meridional que pasou a mans polacas, e a setentrional que foi incluída na Unión Soviética.

A maior parte dos residentes alemáns foron expulsados da cidade. A Unión Soviética seguiu entón unha política de rusificación do territorio, sen incorporar a rexión da República Socialista Soviética de Lituania. Kaliningrado foi unha das principais bases navais soviéticas do Mar Báltico, xunto con Riga e a illa de Kronstadt.

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania en 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país.

Kaliningrado na Federación Rusa[editar | editar a fonte]

A catedral de Kaliningrado

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país. Kaliningrado converteuse entón nun enclave ruso illado do resto de Rusia, feito que se acentuou aínda máis cando Polonia e Lituania ingresaron na OTAN e máis tarde na Unión Europea. Por estas razóns todos os rusos desta rexión que queren pasar ao resto de Rusia teñen que facelo a través de países membros da OTAN e da UE que lles esixen un visado. O primeiro ministro ruso Vladimir Putin declarou que este requirimento de visado era unha violación da soberanía rusa; ademais, propuxo a creación dunha zona de libre comercio na rexión, para converter Kaliningrado no "Hong Kong do Báltico". Pouco despois, Rusia e Lituania chegaron a un acordo: os rusos que desexen cruzar Lituania recibirán un permiso especial para cruzar as fronteiras ruso-lituanas.[1]

No 2004, Alemaña estableceu a súa primeira misión diplomática na cidade, feito que é interpretado como un símbolo de confianza entre Alemaña e a Federación Rusa.[2]

En xullo de 2007, o viceprimeiro ministro de Rusia Sergéi Ivánov declarou que se os Estados Unidos despregaban un sistema de defensa contra mísiles en Polonia, despregaríanse armas nucleares en Kaliningrado.[3] Kaliningrado é unha importante base naval para Rusia, xa que é o único porto ruso no mar Báltico no que as augas non se conxelan durante o invierno.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Kaliningrado está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acordo sobre Kaliningrado. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.
  2. Germany starts Kaliningrad link. BBC News. Consultado o 16/02/2008.
  3. Rusia ameaza de novo con mísiles. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]