Cánabo
| Cánabo | |
|---|---|
| Cannabis Carl von Linné 1753 | |
|
Instancia de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Tipo taxonómico
| |
|
Taxon superior
| |
| Características | |
|
Fonte de
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Plantae |
| Filo | Magnoliophyta |
| Clase | Magnoliopsida |
| Orde | Urticales (Cronquist) Rosales ( APG III) |
| Familia | Cannabaceae |
| Xénero | Cannabis |
| Identificadores | |
| ITIS | 19108 |
| OTT | 84008 |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons | |
O cánabo[1] é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris.
Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.
É tamén o nome dun tecido obtido a partir das fibras desta planta. Alén de roupas, é utilizado na fabricación de papel e como forraxe animal.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Moi cultivado en varias partes do mundo, inclusive en Europa, onde a Unión Europea o legalizou e autorizou en 1998, e mesmo subsidiou ao liño de cánabo.
Hai limitacións canto ao seu cultivo: permítese só en terreos de máis dunha hectárea, segundo normas da comisión agrícola europea.
Utilización
[editar | editar a fonte]A planta é integralmente utilizada para diversos fins, mais destaca especialmente a súa fibra, tamén chamada filaza, moi usada na industria da pel, pois unha hectárea de cánabo produce o mesmo que catro hectáreas de eucaliptos, nun período de vinte anos.
A industria téxtil tamén é un bo mercado para o cánabo, por este ser cinco veces máis resistente que o algodón, e cos seus longos feixes de ata 4,5 m é usado para fabricar cordas e amarras de navíos pois son bastante resistentes.
Da semente extráese un Aceite moi usado na industrias de cosméticos como base para cremas, xampús, aceites hidratantes etc; na industria mecánica para vernices, lubrificantes, combustíbeis, tinturas e outros usos, así como para a alimentación humana en aceites, margarina, flocos de cereais, petiscos e outros.
Produtores
[editar | editar a fonte]Actualmente os maiores produtores son:
- A China, considerada o maior exportador mundial de téxtiles e papel de cánabo;
- Francia, que en 1994 recolleu máis de dez mil toneladas, con crecente aumento da produción.
No que se refire a ampliación de sementeira agrícola, no ano 1999 pódese observar o crecemento na área de cultivo nalguns países como:
- Romanía, que nese ano sementou 15.000 hectáreas
- Canadá, 12.000 hectáreas
- Reino Unido, con apenas 1.500 hectáreas , mais con moi boas perspectivas de crecemento para os anos seguintes.
Os valores en 2005 permanecen case constantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cánabo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] Documento do Goberno Portugués, que iniciou a legalización do cánabo en Europa pola Unión Europea