Condado de Saare
| |||||
Capital | Kuressaare | ||||
Gobernador | Toomas Kasemaa | ||||
Área | 2,922 km² | ||||
Poboación ;- Densidade | 35,356 12.1/km² | ||||
![]() |
O condado de Saare (estoniano: Saare maakond, ou Saaremaa), (Latín: Osilia ou Oesel) é un dos 15 condados de Estonia. Está composto por Saaremaa, a maior illa da Estonia, e moitas illas menores preto dela. O condado limita no leste co condado de Lääne e co condado de Hiiu no norte. O 2,6% da poboación estoniana vive no condado de Saare.
Goberno rexional[editar | editar a fonte]
O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Xeografía[editar | editar a fonte]
As maiores illas do condado son Saaremaa, Muhu, Ruhnu, Abruka e Vilsandi. A temperatura media anual é de 6.0 °C e a precipitación media anual de 509 mm.
Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]
O condado está dividido en 3 concellos rurais (en estoniano vald):
- Muhu
- Ruhnu
- Saaremaa (incluíndo a cidade de Kuressaare)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Saaremaa - Web oficial do condado.
- Goberno do condado de Saare