Río Niemen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°15′40″N 21°18′24″L / 55.26111, -21.30667

Niemen
Nemunas - Нёман - Неман
Neman river.jpg
Vista do río preto de Alytus, Lituania
País Lituania Lituania
Bielorrusia Bielorrusia
Rusia Rusia
Nacemento Slomin (a 45 km ao sur de Minsk)
Altitude 176 m
Lonxitude 937 km
Conca 98.200 km²
Caudal medio 616 /s
Desembocadura Mar Báltico (Lagoa de Curlandia)
Altitude desembocadura 0 m
Nemunas-en.png
Localización do río Niemen

O río Niemen (en lituano, Nemunas; en bielorruso, Нёман; en ruso, Неман; en polaco, Niemen; en alemán, Memel; e en sueco, Njemen) é un río da Europa oriental que transcorre por Bielorrusia e Lituania e que, no seu curso baixo, forma a fronteira entre Lituania e Rusia (co exclave do óblast de Kaliningrado).

Xeografía[editar | editar a fonte]

É o décimo cuarto río en lonxitude de toda Europa, con 937 km, o máis longo de Lituania e o terceiro de Bielorrusia. As súas augas son tranquilas (nace a 176 m sobre o nivel do mar), cunha velocidade media de un a dous metros por segundo, e cunha profundidade máxima de cinco metros.

Os seus maiores afluentes son os ríos Neris, con 510 quilómetros, Ščiara, con 325 quilómetros, e Šešupė, cunha lonxitud de 298 quilómetros. Proporciona grandes recursos para as comunicacións dos países que atravesa, sendo a navegación moi activa en verán.

O río Niemen nace en Slomin, en Godno, e alí se lle unen algúns afluentes, facéndose navegábel; pasa logo por Alytus e despois por Kaunas. Máis adiante pasa por Smalininkai, segue o seu curso de leste a oeste recibindo dous afluentes, o Šešupė e o Jūra. Baña a cidade de Tilsit (agora Sovetsk en ruso).

Desemboca no mar Báltico cerca de Klaipeda, na Lagoa de Curlandia, onde forma un delta, dividíndose nun labirinto canais mesturándose con pólderes e humidais que fan do delta un destino atractivo para o ecoturismo. As catro principais ramas son Atmata, Pakalnė, Skirvytė e Gilija.

O río ten un papel crucial no ecosistema da lagoa de Curlandia. Proporciona a principal fonte de auga na lagoa e mantén a súa auga case doce. Isto permite que vivan alí animais de auga doce e de auga salobre.

Conforme se expande o delta do Niemen, a lagoa vai afundindo.

Posto que o delta se encontra en Lituania, a miúdo se lle chama delta do Nemunas. Alí creouse un parque rexional no ano 1992.

Historia[editar | editar a fonte]

Debe este río certa celebridade histórica a unha entrevista que o 25 de xuño de 1807 toveron nunha balsa no medio do río os dous emperadores Napoleón I e Alexandre I, aos que se uniu despois o rei de Prusia Federico Guillerme III; dita entrevista serviu de preliminar para a Paz de Tilsit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]