Operación Aníbal
A operación Aníbal foi unha operación militar alemá para evacuar as tropas e os civís do leste de Prusia a metade de xaneiro de 1945 e non deixalos a mercé do Exército Vermello da Unión Soviética.
Historia
[editar | editar a fonte]A principios de xaneiro de 1945, Karl Dönitz deuse de conta de que Alemaña pronto sería derrotada, e desexando salvar os seus submarinos, enviou unha mensaxe codificada o 23 de xaneiro cara a Gothenhafen para escapar cara ao oeste por medio da operación de nome código Aníbal. Dönitz desexaba evacuar tanta xente como for posíbel e levala até Alemaña, e polos a salvo do avance soviético.
Nun período de catro meses ao redor de 1100 naves alemás transportaron uns dous millóns de persoas a través do mar Báltico cara a Alemaña, converténdose nunha das evacuacións de refuxios máis grande da historia.
Perdas
[editar | editar a fonte]No marco da Operación Aníbal ocorreu o afundimento do Wilhelm Gustloff no mes de xaneiro, produto do ataque do submarino soviético S-13, e que causou a morte de 9343 persoas, a gran maioría civís, na que dende entón é a traxedia marítima con maior número de vítimas mortais.[1] En conxunto, os transatlánticos Wilhelm Gustloff, Goya e Steuben, xunto con outros 158 buques mercantes, perdéronse durante as 15 semanas que durou a Operación Aníbal (23 de xaneiro-8 de maio de 1945).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hundimiento del KDF Wilhelm Gustloff" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2020.
- ↑ Charles W. Koburger (1989); Steel Ships, Iron Crosses, and Refugees. Praeger Publishers, NY, páx. 107
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Operación Aníbal, 1945 Arquivado 11 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |