Saltar ao contido

Gesta Danorum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gesta Danorum
Imaxe
 Instancia de
 Título
Gesta Danorum (la) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua
Obras e produtos
 Obra derivada
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
século XII Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF179869535 Editar o valor en Wikidata
Goodreads223085990 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03brl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

Gesta Danorum ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de Dinamarca, escrito no século XII polo autor Saxo Grammaticus ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). Valdemar I de Dinamarca ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de Dinamarca, a súa patria. A Historia Dinamarquesa consta de varios tomos, escritos en latín. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.

Ademais, no terceiro tomo da Gesta Danorum, figura unha versión primitiva da historia de Hamlet (que inspirou a máis famosa obra de Shakespeare), cuxo protagonista é Amlodi ou Amleth.

A obra completa componse de dezaseis libros en prosa con algunha incursión ocasional de poemas. Os libros 1 ó 9 están enfocados na mitoloxía nórdica e o texto remata con citas a Gorm o Vello, primeiro rexistro documentado dun rei dinamarqués. Os libros 10 ó 16 están máis enfocados na historia medieval. O libro 14 contén unha descrición do templo de Rügen.

Porén, a obra orixinal considérase perdida, coa excepción de catro fragmentos: fragmento de Angers (o máis completo e o único que se considera escrito da súa propia man por Saxo), fragmento de Lassen, fragmento de Kall-Rasmussen e fragmento de Plesner. Tódolos fragmentos pertencen á Biblioteca Real Dinamarquesa.

Gesta Danorum (Fragmento de Angers), páxina 1, frontal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hilda Ellis Davidson, Peter Fisher (trans), Saxo Grammaticus: The History of the Danes, Books I-IX : I. English Text; II. Commentary, tradución ó inglés moderno, 2002, ISBN 0-85991-502-6
  • Saxo Grammaticus, Gesta Danorum, Libros I-IX, traducido ó inglés por Oliver Elton 1905.
  • Saxo Grammaticus, Gesta Danorum, da Royal Library de Copenhagen, latín.