Golfo da Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Golfo da Guinea
Golfo de Bonny
Gulf of Guinea 5.24136E 2.58756N.jpg
Localización administrativa
Estado Liberia Liberia
Costa do Marfil Costa do Marfil
Ghana Ghana
Benín Benín
Togo Togo
Nixeria Nixeria
Camerún Camerún
Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial
Gabón Gabón
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Atlántico
Continente África
Xeografía
Illas interiores Bioko (2017 km²) e Annobón (17 km²) (GNQ)
San Tomé e Príncipe (STP)
Afluentes Níxer (4184 km), Volta (1500 km), Komoé (759 km), Sassandra (650 km), Cavalla (515 km), Cross (489 km) e Mono (467 km)
Cidades ribeiregas San Pedro e Abidjan (COS)
Sekondi-Takoradi, Saltpond e Accra (GHA)
Lomé e Aného (TOG)
Cotonou (BEN)
Lagos, Oron e Calabar (NIG)
Limbe e Douala (CAM)
Malabo e Bata (GNQ)
Libreville e Port Gentil (GAB)
Santo Tomé, Porto Alegre (STP)
Accidentes
Golfos e baías Golfo de Benín e golfo de Biafra
Cabos Cabo Palmas (LBR) e cabo López (GAB)
Características
Mapa
Gulf of Guinea-fr.jpg

Vista do golfo da Guinea (cos golfos interiores de Biafra e Benin).

O golfo da Guinea é parte do suroeste Atlántico de África. A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente como Alta Guinea. A costa occidental da parte máis ao sur de África, é historicamente, a Baixa Guinea. Hoxe, o nome da Guinea só se mantén nos nomes de tres países: Guinea, Guinea-Bisau e Guinea Ecuatorial. E nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de bananas, o que demostra a orixe africana do termo.

No golfo da Guinea desembocan os ríos Níxer, Volta, Congo e Cross. A costa do golfo inclúe o golfo de Benin e o Golfo de Biafra.

Nome[editar | editar a fonte]

A orixe do nome Guinea crese que designaba un área da rexión, aínda que os detalles son incertos. Bovill (1995) dá unha descrición minuciosa:[1]

Usualmente considérase o nome Guinea unha corrupción do nome Ghana, tomado polos portugueses no Magreb. Este autor atopa esta teoría inaceptable. O nome Guinea fora usado no Magreb e en Europa moito antes da época de Enrique o Navegante. Por exemplo, nun mapa do cartógrafo xenovés Giovanni di Carignano datado en torno a 1320, quen obtivera a súa información sobre África dun compatriota habitante de Sijilmasa (antiga cidade comercial do Norte de África), atopamos Gunuia; e no Atlas Catalán de 1375, Ginyia. Un pasaxe de León o Africano (vol. III, 822) apunta que Guinea é unha corrupción do nome Djenné (cidade de 2000 anos de antigüidade no centro de Malí, sobre o río Níger), menos coñecida que Ghana pero con todo durante moitos séculos coñecida no Magreb como un gran foco comercial e de ensino. O importante pasaxe di: "O reino de Ghinea [...] chamado polos comerciantes da nosa nación Gheneoa, polos seus propios habitantes Genni e polos portugueses e outros europeos Ghinea." Pero parece ser máis probable que Guinea deriva de "aguinaou", en bérber negro. Marrakech (cidade no sueste de Marrocos) ten unha porta, construída no século XII, chamada "Bab Aguinaou", a Porta do Negro (Delafosse, Haut-Sénégal-Niger, II, 277-278). A moderna aplicación do nome Guinea á área costeira data só de 1481. Nesa data os portugueses construíron un forte, Castelo de São Jorge da Mina (actualmente Elmina, na Costa de Ouro, e Xoán II de Portugal, foi autorizado polo Papa (Sisto IV ou Inocencio VIII) a utilizar o título de Señor da Guinea, título que perviviu ata a extinción da monarquía.

A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente Alta Guinea e a costa occidental do África austral, cara ao sur, Baixa Guinea. Na actualidade hai catro países coa palabra nos seus nomes: Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial e Papúa Nova Guinea, este último en Oceanía, debido ao parecido dos melanesios, que viron os exploradores europeos, cos pobladores da Guinea africana. Nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de banana, o que demostra a orixe africana do término.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O principal río que desemboca as súas augas no golfo é o río Níxer.

Defínense diferentes límites xeográficos do Golfo de Guinea; a Organización Hidrográfica Internacional define a extensión suroeste do Golfo de Guinea como "Unha liña desde Cabo López (0°37′S 8°43′L / -0.617, -8.717), en Gabón, ao noroeste do illote Gago Coutinho (Ilhéu das Rôlas) (0°01′S 6°32′L / -0.017, -6.533) e desde alí unha liña dsde o Illote Gago Coutinho cara ao noroeste cara a Cabo Palmas (4°22′N 7°44′O / 4.367, -7.733), en Liberia.[2]

Illas no Golfo de Guinea[editar | editar a fonte]

O Golfo de Guinea contén un número de illas, a maior das cales atópase nunha cadea suroeste-nordés, que forma parte da liña de volcáns do Camerún.

Annobón, tamén coñecido como Pagalu ou Pigalu, é unha illa que forma parte da Guinea Ecuatorial.

Illa Bobowasi é unha illa da costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte da rexión occidental de Ghana.

Bioko é unha illa situada na costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte da Guinea Ecuatorial.

Corisco é unha illa pertencente á Guinea Ecuatorial.

Elobey Grande e Elobey Chico son ​​dúas pequenas illas pertencentes á Guinea Ecuatorial.

San Tomé e Príncipe (oficialmente República Democrática de São Tomé e Príncipe) é unha nación insular de fala portuguesa no Golfo de Guinea que se independizou de Portugal en 1975. Está localizado na costa ecuatorial occidental de África e consta de dúas illas, Illa de San Tomé e Illa do Príncipe. Están separadas por 140 km. e preto de 250 e 225 km., respectivamente, da costa noroeste de Gabón. Ambas illas forman parte dunha liña de volcáns extinguidos do Camerún. San Tomé, a importante illa sureña, está situada ao norte do ecuador.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.