Luleå

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luleå
Lulea-city-festival-water.jpg
Localización
PaísFlag of Sweden.svg Suecia
CondadoNorrbotten
MunicipioLuleå
Xeografía
Altitude6 msnm
Superficie29,09 km²
Demografía
Poboación44 054
Outros datos
Código postal971 00 - 978 20
https://www.lulea.se/

Luleå (västerbottnisk: Lul, Leul ou Leol; saami de Lule: Luleju) é unha cidade na costa do norte de Suecia. É tamén a capital do condado de Norrbotten, o máis setentrional do país, e do municipio de Luleå. No ano 2017 a cidade tiña 44 054 habitantes, e o municipio 77 482.[1]

Luleå ten o sétimo porto comercial máis grande de Suecia.[2] Ten unha grande industria do aceiro e é un centro de investigación extensa. A Universidade de Tecnoloxía de Luleå (Luleå tekniska universitet) é unha das tres universidades tecnolóxicas do país e a universidade máis ao norte de Suecia.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media Luleå tiña un mercado, un porto e unha parroquia onde hoxe se atopa Gammelstad (cidade vella), a uns 2 quilómetros ao noroeste da presente cidade. A carta real da cidade foi concedida en 1621 polo rei Gustavo II Adolfo de Suecia. No ano 1649 tivo que ser transladada á súa situación actual debido ao axuste posglacial que fixo que a baía se volvese moi pouco profunda impedindo entrar aos barcos. Erik Eriksson Niure foi o encargado de buscar o novo lugar para a cidade e elaborou un patrón de cuadrícula nunha zona que xa tiña un porto construído.

A aldea-igrexa de Gammelstad foi declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade.[3]

No ano 1805 Luleå tiña só 947 habitantes, pero en 1865 Luleå substituíu a Piteå como capital do condado de Norrbotten county e pasou a ter 1 400 habitantes. Na década de 1860 tamén se comezaron a establecer industrias na cidade.[4]

Luleå foi pasto de varios incendios en 1653, 1657 e 1887. Tras os dous primeiros gran parte da poboación regresou a Gammelstad, e só volveu á nova cidade obrigados pola intervención do goberno.[5] O último deles foi especialmente devastador, destruíndo a meirande parte da cidade e salvándose só un feixe de edificios. A catedral neogótica (orixinalmente chamada igrexa Oscar Fredrik) é o edificio máis grande de Luleå, medindo 67 metros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statistiska centralbyrån (ed.). "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2018 och befolkningsförändringar 1 januari–31 mars 2018". Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  2. Luleå Hamn (ed.). "Port of Luleå". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  3. Unesco (ed.). "Church Town of Gammelstad, Luleå". Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  4. Carlquist, Gunnar (1937). Svensk Uppslagsbok AB, ed. Svensk uppslagsbok. Malmö. p. 787. 
  5. Carlquist, Gunnar (1937). Svensk Uppslagsbok AB, ed. Svensk uppslagsbok. Malmö. pp. 786–787. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]