Río Nevá
| (ru) Нева | |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Unified Deep Water System of European Russia (en) | ||||
| Inicio | |||||
| País da cunca | Rusia | ||||
| División administrativa | Óblast de Leningrado, Rusia e San Petersburgo, Rusia | ||||
| Localización | Lago Ladoga | ||||
| Final | |||||
| Localización | Neva Bay (en) | ||||
| |||||
| Afluentes | 21 | ||||
| Distributario | Obvodny Canal (en) | ||||
| Conca hidrográfica | Neva basin (en) | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 74 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 281.000 km² | ||||
| Pendente | 0,058 | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 2.500 m³/s (Volodarsky Bridge (en) | ||||
O río Neva ou río Nevá[1] (en ruso: река Нева́) é un río situado ó noroeste de Rusia. Ten 74 km de lonxitude e nace no Lago Ladoga (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do óblast de Leningrado (región histórica de Ingria) e a cidade de San Petersburgo desemboca no golfo de Finlandia. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de Europa, só detrás do Volga e do Danubio.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media, o río tiña unha grande importancia, posto que ó ser ancho e navegable constituía unha canle de comunicación entre o Mar Báltico e o río Volga. A confluencia do Neva e o río Izhora foi o escenario da famosa Batalla do Nevá (1240)[1] entre os suecos e rusos. Alexandre Iaroslávich, príncipe de Nóvgorod, gañou dita batalla e asumiu o sobrenome de «Nevski», que significa «do Neva».
Durante o século XVI, a desembocadura do Neva, albergou a fortaleza sueca de Nyen, e un entrante de terra no Ladoga, a fortaleza rusa de Oréshek, logo chamada Shlisselburg. A fortaleza de Nyen foi destruída por Pedro o Grande, despois de fundar a Fortaleza de San Pedro e San Paulo (Петропавловская Крепость - Petropávlovskaya Krépost'), en 1703. Situada na Illa de Liebre (Зайчии Остров - Zaichii Óstrov), a fortaleza é considerada coma a primeira estrutura do actual San Petersburgo.
O monxe ruso Grigori Rasputín foi guindado ó río Neva en 1916 onde morreu afogado.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Nevá |
