Río
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2007.) |
Un río[1] é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, en este caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato
A potamoloxía é o estudo científico do caudal dos ríos mentres que a limnoloxía é o estudo das augas continentais en xeral.
Recentemente atopáronse ríos extraterrestres de hidrocarburos líquidos en Titán.[2][3] Así mesmo hai canles noutros planetas que poden indicar o posible paso de ríos, especialmente canles de desaugadoiro en Marte.[4] Estes ríos serven para teorizar sobre a existencia en planetas e lúas de zonas habitables estelares.
O ciclo da auga[editar | editar a fonte]
Os ríos forman parte da circulación xeral da auga ou ciclo hidrolóxico. A presenza de grandes cantidades de auga é o que distingue a Terra doutros planetas coñecidos, e o que fai posible a vida. Na Terra hai máis de 1.400 millóns de km3 de auga que son continuamente reciclados e transformados ao seu paso polos océanos, a atmosfera, a biosfera e a xeosfera.
Se se mide a cantidade de auga de cada un dos compoñentes do ciclo hidrolóxico, a dos ríos só representa unha pequena parte do sistema. A maior parte é auga salgada, xa que os océanos conteñen o 96,5% da auga do noso planeta. O 3,5% restante é auga doce, concentrada principalmente nas reservas das rexións frías (69% do total, e en forma de casquetes polares, glaciares e depósitos nivais) ou no subsolo, en forma de auga subterránea (30% do total). Os lagos conteñen o 0,25%, mentres que o atmosfera acumula o 0,4%. A auga dos ríos só engade un reducido 0,006% da auga doce da Terra, pero ten unha relevancia que compensa o seu escaso volume. Isto débese a que a auga dos ríos, ao fluír debido á gravidade, erosiona e modela a paisaxe, transportando e depositando rochas e sedimentos. Outra razón é que a auga constitúe un recurso natural renovable, tanto para os humanos como para o resto de animais e, tamén, para as plantas.
O ciclo hidrolóxico iníciase cando a auga se evapora desde os mares e océanos á atmosfera. A auga atmosférica volve á Terra en forma de precipitacións de choiva, saraiba ou neve. A cantidade de auga que chega ao chan depende de varios factores, pero, en xeral, as terras altas reciben máis auga que as baixas e é por iso que nas montañas nacen a maioría dos ríos. As plantas, sobre todo as árbores, captan parte das precipitacións, mesmo, antes de chegar ao chan. A talla de árbores e a súa substitución por cultivos (deforestación) aumenta a velocidade e a cantidade de auga de choiva que chega ao chan, coa consecuente erosión puntual dos chans e o risco de inundacións.
As precipitacións que chegan a terra infíltranse nos chans, chegando ata a capa freática para converterse en auga subterránea. Ou ben, flúen lentamente, ladeira abaixo, en forma de arroios. Non toda a auga que cae durante as grandes tormentas é capaz de filtrarse: naqueles lugares onde, pola acción humana, compactouse a superficie do chan ou foi cuberta de cemento, ou naqueles lugares xa saturados de auga, o exceso de líquido acumúlase na superficie e flúe ladeira abaixo, ata o curso de auga máis próximo, en forma de regatos. O río completa o ciclo hidrolóxico ao recoller a auga da súa zona de influencia (cunca de drenaxe) e levala aos océanos e lagos, para substituír así a auga que se evapora.
Topografía[editar | editar a fonte]
Polo xeral os ríos, especialmente os máis grandes, divídense en tres partes principais de acordo coa súa capacidade erosiva e de transporte de sedimentos:
Curso superior ou de gravidade alta[editar | editar a fonte]
O curso superior dun río é onde estes nacen. Xeralmente, coincide coas áreas montañosas dunha cunca determinada. Aquí o potencial erosivo é moito maior e os ríos adoitan formar vales en forma de V ao encaixarse no relevo. Cando esta parte dun río se atopa nun clima seco poden formarse ás veces barrancos, ramblas ou torrentes.
Curso medio ou de gravidade inestable[editar | editar a fonte]
Xeralmente, no curso medio dun río adoitan alternarse as áreas ou zonas onde o río erosiona e deposita parte dos seus sedimentos, o cal se debe, principalmente, ás flutuacións da pendente e á influencia que reciben con respecto ao caudal e sedimentos dos seus afluentes. Ao longo do curso medio, a sección transversal do río habitualmente irase suavizando, tomando forma de almofía seccionada en lugar da forma de V que prevalece no curso superior. Ao longo do curso medio, o río segue tendo a suficiente enerxía como para manter un curso aproximadamente recto, agás que haxa obstáculos, por exemplo diversas curvas ou montículos.
Curso inferior[editar | editar a fonte]
É a parte onde o río flúe en áreas relativamente planas, onde adoita formar meandros: establece curvas regulares, podendo chegar a formar lagos en ferradura. Ao fluír o río, carrexa grandes cantidades de sedimentos, os que poden dar orixe a illas sedimentarias, chamadas deltas e tamén pode ocasionar a elevación da canle por encima do nivel da chaira, polo que moitos ríos adoitan discorrer paralelos ao mesmo por non poder desembocar pola maior elevación do río principal: son os ríos tipo Yazoo. Se un río que termina nunha boca moi ancha e profunda denomínase estuario. Cando un río descende rapidamente sobre un terreo inclinado fórmanse os rápidos, saltos ou fervenzas.
Fluxos subterráneos[editar | editar a fonte]
A maioría dos ríos, pero non todos, flúen sobre a superficie. Os ríos subterráneos flúen baixo terra en covas ou cavernas. Estes ríos atópanse frecuentemente en rexións con formacións xeolóxicas calcarias.
Ríos máis longos do mundo[editar | editar a fonte]
Os catro ríos mais longos do mundo son o Amazonas, cuns 7.000 km, seguido do Nilo cuns 6.700 km, o Yangtsé cuns 6.380 km e do Mississippi-Missouri cuns 6.200 km.
O Amazonas é tamén o que posúe, de lonxe, a máis grande bacía, duns 6.150.000 km², e máis o maior caudal (uns 190.000 m³/s).
En Europa, os mais grandes son o Volga con 3.700 km e o Danubio con 2.857 km. Medir a lonxitude exacta dun río é complexo, a causa da orografía do terreo e como se adapta o río a ela. Polo dito a lista seguinte é en base á súa lonxitude aproximada[5].
- Amazonas (7.062 km).
- Nilo (6.670 km)
- Yangtsé (6.380 km).
- Mississippi (6.270 km).
- Madeira - Mamoré - Grande (5.908 km).
- Huang He (5.464 km).
- Obi (5.400 km).
- Amur (4.410 km).
- Congo (4.380 km o 4.670 km, segundo se considere o lugar de inicio deste río).
- Lena (4.260 km).
Ríos de Galicia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Ríos de Galicia
Galiza é unha terra moi rica en ríos. Así, Otero Pedrayo definiuna como "a nación dos mil ríos alimentados por dez mil regatos pequenos".
O Miño é o río máis importante de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo seu caudal[Cómpre referencia].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para río.
- ↑ Chu, Jennifer (July 2012). "River networks on Titan point to a puzzling geologic history". MIT Research. Consultado o 21 de novembro do 2016.
- ↑ O'Neill, Ian. Titan's 'Nile River' Discovered 12 de decembrp dp 2012
- ↑ Carr, M.H. (2006), The Surface of Mars. Cambridge Planetary Science Series, Cambridge University Press.
- ↑ Amazon Longer Than Nile River, Scientists Say (en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Río |