Kattegat
| Tipo | estreito Golfo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Océano Atlántico | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | condado de Västra Götaland, Suecia, condado de Escania, Suecia, condado de Halland, Suecia, Xutlandia do Norte, Dinamarca, Jutlândia Central, Dinamarca (pt) | ||||
| |||||
| Comparte fronteira con | Skagerrak | ||||
| Conéctase con | Belt Sea (en) | ||||
| Composto por | |||||
| Afluentes | |||||
| Características | |||||
| Profundidade | 109 m | ||||
| Dimensións | 88 ( | ||||
| Superficie | 25.485 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Salinidade | 30 g/l | ||||
O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.
Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o río Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.
As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.
O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoa Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kattegat |
