Gdańsk
Coordenadas: 54°22′N 18°38′L / 54.367, -18.633
Gdańsk | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Voivodato | Pomerania | ||
Powiat | Condado da cidade | ||
Xeografía | |||
Superficie | 262 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 461.935 hab. (2014) | ||
Densidade | 1.763 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 80-008 a 80-958 | ||
Alcalde | Paweł Adamowicz | ||
Páxina oficial de Gdańsk |
Gdańsk (en polaco [ˈɡdaɲsk] (AFI), en caxubio Gduńsk) é unha cidade polaca, antigamente coñecida coma Danzig (en alemán [ˈdantsɪç] (AFI)) e tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik e Dantzig. É a capital da rexión de Pomerania con preto de 464.000 habitantes, sendo a sexta cidade máis poboada do país e a súa maior cidade portuaria.
A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na segunda guerra mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a guerra fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.
A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), sendo coñecido coloquialmente o conxunto como "as tres cidades" (en polaco: Trójmiasto).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gdańsk |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial de Gdańsk Arquivado 22 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en polaco)