Condado de Gotland
Gotland Gotlands län | |
![]() | |
Escudo | |
Capital | Visby |
Poboación | 58.003 habitantes |
Censo | 1990 |
Área | 3.151 km² |
Densidade | 18,2 hab./km² |
Mapa | |
![]() |
Illa de Gotland | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago Slite |
Mar | Mar Báltico |
Coordenadas | 57°30′N 18°33′L / 57.500, -18.550Coordenadas: 57°30′N 18°33′L / 57.500, -18.550 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 2.994 km² |
Longura máxima | 176 km. |
Largura máxima | 52 km. |
Punto máis alto | 82 m. Lojsta hed |
Distancia a terra | 90 km. |
Demografía | |
Capital | Visby (pob. 23,600) |
Poboación | 58.003 (31-12-2016) |
Densidade | 18´2 hab./km² |
O condado de Gotland (Sueco: Gotlands län) é a maior illa de Suecia e do mar Báltico. A illa está situada ó leste de Suecia e ó norte de Polonia. É tamén un condado de Suecia. A súa capital e maior cidade é Visby, que ten o redor de 23 600 habitantes. Visby é unha antiga cidade hanseática fundada no século X, ornada de muros e edificios practicamente intactos.
A principal fonte de ingresos da illa é o agro, xunto co procesamento de alimentos, o turismo, servizos de tecnoloxía da información o deseño e algunhas industrias pesadas como a fabricación de cemento a partir de pedra calcaria extraída localmente.[1] Dende un punto de vista militar, a illa ocupa unha posición estratéxica no mar Báltico.
Historia[editar | editar a fonte]
Xunto con outras illas menores (Fårö, Karlsöärna e Gotska Sandön) constituían a provincia de Gotland, que comprendía a comarca sueca homónima. Aínda que o termo Gotland utilízase nos nosos días, historicamente coñécese en castelán como Gocia.[2] Os Irmáns das vituallas ocuparon a illa en 1394 e estableceron o seu cuartel xeral en Visby. A illa integra a tradicional rexión de orixe dos Godos, "Götaland".
En 1969 rodouse nunha das súas casas a internacionalmente famosa serie infantil de televisión Pippi Mediaslongas.
Administración[editar | editar a fonte]
As provincias tradicionais de Suecia xa non teñen propósitos administrativos ou políticos no presente, pero son entidades históricas e culturais. Porén, no caso de Gotland, debido á súa posición insular, tanto o condado administrativo (län), Condado de Gotland, como o municipio (kommun), Municipio de Gotland, cobren o mesmo territorio que a provincia. Ademais, a diocese de Visby tamén coincide coa provincia.[3][4][5]
Tradicionalmente Gotland estivo dividida en 92 sockens (unidade cun carácter semellante ao dunha parroquia).[6] O 1 de xaneiro de 2016 todos os sockens foron reconstituídos en distritos, áreas administrativas cos mesmos límites que as antigas unidades.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lansstyrelsen (ed.). "Fakta om Gotland". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ "Diccionario de la Real Academia Española de la Lengua". Consultado o 17 de febreiro de 2010.
.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Páxina do municipio de Gotland". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2019. Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Lansstyrelsen (ed.). "Gotlands län". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Svenska Kyrkan (ed.). "Visby stift". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Gotland i siffror". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Finansdepartementet (ed.). "Förordning om distrikt" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de Gotland ![]() |