Alcatrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcatrán xerado por Pirólise

O alcatrán[1] é unha substancia bituminosa, graxa, escura e de cheiro forte, que se obtén da destilación de certas materias orgánicas, principalmente da hulla, turba, carbón, ósos e dalgunhas madeiras resinosas.

Usos[editar | editar a fonte]

O alcatrán de madeira (producido polo quecemento ou o queimado parcial de dito material), foi amplamente empregado para calafetar o casco das embarcacións de madeira. Hoxe emprégase principalmente na elaboración de diversos produtos, como xabóns, pinturas, plásticos, asfalto (para a pavimentación) e produtos químicos. Tamén se emprega como combustible.

Datos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcatrán.