Cristian Herrera
Cristian Herrera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Cristian Ignacio Herrera López | ||
Nacemento | 13 de marzo de 1991 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Altura | 1,89 m | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | CD Lugo | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
Las Palmas | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2013 | Las Palmas B | 83 | (39) |
2013–2014 | Elche B | 14 | (13) |
2013–2015 | Elche | 47 | (4) |
2015–2016 | Almería | 9 | (0) |
2016–2017 | Girona | 54 | (9) |
2017– | Lugo | 77 | (20) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 13 de xullo de 2018[ editar datos en Wikidata ] | |||
Cristian Ignacio Herrera López, máis coñecido como Cristian Herrera, nado o 13 de marzo de 1991 nas Palmas, é un futbolista profesional español da canteira da UD Las Palmas, que actualmente xoga como dianteiro centro no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nas Palmas, Canarias, Herrera formouse na canteira do principal equipo da súa cidade natal a UD Las Palmas. O seu debut en categoría sénior foi durante a temporada 2010−11, cando pasa formar parte do filial canario. Alí xoga durante tres temporadas na Terceira División, onde xoga un total de 83 partidos para marcar un total de 39 goles, 19 deles na temporada 2012−13. A súa actuación nesa última temporada chama a atención do Elche B da Segunda División B.[1] Tras comezar a temporada co filial ilicitano, o 24 de novembro debuta co primeiro equipo na Primeira División (La Liga). O seu debut non podería ser mellor, xa que tras xogar tan só 12 minutos consegue o gol da vitoria do seu equipo (2−1) ante o Valencia CF no Estadio Martínez Valero.[2]
Finalmente, xoga un total de 21 partidos co primeiro equipo, onde anota 3 goles: o nomeado ante o Valencia, contra o Sevilla FC (1−1) e contra a UD Almería (1−0). Tras as súas boas actuación renova o seu contrato até 2019, pasando formar parte definitivamente do primeiro equipo.[3] Ao ano seguinte xoga en partidos, anotando un gol contra o RCD Espanyol (1−1). Tras o descenso do Elche, Herrera rescinde o seu contrato e asina por unha temporada coa UD Almería. Sen moito éxito no equipo andaluz, o 1 de febreiro rompe o seu contrato e asina inmediatamente até xuño de 2018 polo Girona FC. Tras temporada e media co club catalán, onde xoga 50 partidos e anota 7 goles, rescinde o seu contrato tras o ascenso do club á Primeira División. Pouco tempo despois de anunciarse a súa rescisión, o Club Deportivo Lugo anuncia a súa incorporación para as seguintes dúas temporadas con opción a outra.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Las Palmas B | Terceira | 2010−2011 | 22 | 13 |
Las Palmas B | Terceira | 2011−2012 | 27 | 7 |
Las Palmas B | Terceira | 2012−2013 | 34 | 19 |
Elche B | Segunda B | 2013−2014 | 14 | 13 |
Elche | Primeira | 2013−2014 | 21 | 3 |
Elche | Primeira | 2014−2015 | 26 | 1 |
Almería | Segunda | 2015−2016 | 9 | 0 |
Girona | Segunda | 2016 | 23 | 7 |
Girona | Segunda | 2016−2017 | 31 | 2 |
Lugo | Segunda | 2017−2018 | 40 | 7 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cristian rompe con la UD y se marcha el filial del Elche" [Cristian rompe coa UD e vaise ao filial do Elche]. La Provincia (en castelán). 09-07-2013.
- ↑ "Con ustedes, Cristian Herrera" [Cos señores, Cristian Herrera]. Marca (en castelán). 24-11-2013.
- ↑ "Cristian Herrera amplía su contrato con el Elche hasta junio de 2019" [Cristian Herrera amplía o seu contrato co Elche até xuño de 2019]. Diario Información (en castelán). 18-06-2014.