Saltar ao contido

Manu Justo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManu Justo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Justo Román Editar o valor em Wikidata
9 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Altura1,74 m Editar o valor em Wikidata
Peso72 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
-2015 CD Areosa Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2015-2016 Rápido de Bouzas 30(3)
2016-2018 Arousa 46(10)
2018-2019 Coruxo Fútbol Club 35(10)
2019-2022 Elche CF 0(0)
2019-2020cesión UCAM Murcia Club de Fútbol 18(2)
2020-2021cesión Celta Fortuna 30(10)
2021-2022cesión Racing de Santander 32(5)
2022-2024 Racing de Ferrol 62(13)
2024- Cultural Leonesa 0(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Manuel Justo Román, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1996, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Areosa, ata completar a súa etapa xuvenil. Na tempada 2015/16 asinou polo Rápido de Bouzas en Terceira División, no que xogou 33 partidos ás ordes de Xurxo Otero. No verán de 2016 seguiu a Otero ata o Arousa, da mesma categoría, no que xogou en dúas tempadas case medio centenar de partidos, anotando 10 goles.

Na tempada 2018/19, asinou polo Coruxo da Segunda División B, co que disputou 37 partidos e marcou 10 goles, sumando máis de 2700 minutos. En xullo de 2019 asinou polo Elche, da Segunda División,[1] club que o cedeu ao UCAM Murcia, do Grupo IV da Segunda División B, onde disputou 18 encontros de liga e 2 de Copa do Rei, anotando un total de 3 goles.[2]

En xaneiro de 2020, chegou a un acordo para romper a cesión co conxunto murciano e chegou en calidade de cedido ao Celta de Vigo B do Grupo IV da Segunda División B,[3] onde xogou 6 partidos nos que anotou 2 goles. Na tempada 2020/21 continuou cedido no Celta B, onde disputou 24 partidos, sendo o máximo goleador do equipo con 8 goles.[4]

En xullo de 2021 regresou ao Elche CF, xa na Primeira División, co que realizou a pretempada ás ordes de Fran Escribá.[5] O 12 de agosto de 2021, asinou co Racing de Santander da Primeira División RFEF, novamente cedido polo conxunto ilicitano.[6] No equipo cántabro disputou 35 encontros de liga, cun balance de sete goles e tres asistencias, conseguiu o ascenso a Segunda e proclamouse campión absoluto da categoría tras vencer na final de campións ao Andorra.

O 29 de xuño de 2022 o Racing Club de Ferrol da Primeira División RFEF anunciou a fichaxe do xogador para a tempada 2022/23.[7] Titular indiscutible no equipo de Cristóbal Parralo, disputou un total de 41 encontros e foi o máximo artilleiro do club con 12 dianas, contribuíndo ao regreso do Racing á categoría de prata despois de 15 anos de ausencia. Foi o segundo ascenso consecutivo do xogador, que na seguinte campaña debutou finalmente en Segunda, na primeira xornada ante o Elche.[8] Con todo, apenas contou con protagonismo durante a competición, pois Parralo non o aliñou como titular en ningún encontro de liga, sumando só un gol de penalti na derradeira xornada fronte ao Leganés.[9]

O 24 de xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe pola Cultural Leonesa, da Primeira RFEF.[10]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Manu Justo e Orman Davis loitando pola pelota no Galicia-Panamá de 2024.

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. marca.com El Elche ficha a Manu Justo pero podría cederlo a un Segunda B, consultado en xullo de 2019
  2. ucamdeportes.com Manu Justo, mas pólvora para el UCAM Murcia, consultado en agosto de 2019
  3. ucamdeportes.com Manu Justo y el UCAM Murcia separan sus caminos, consultado en xaneiro de 2020
  4. lavozdegalicia.es El Celta B recupera a Manu Justo, cedido y con opción de compra, consultado en setembro de 2020
  5. diariofranjiverde.com Manu Justo hará la pretemporada a las órdenes de Fran Escribá, consultado en xullo de 2021
  6. realracingclub.es Manu Justo se incorpora a la plantilla del Racing 2021/22, consultado en agosto de 2021
  7. lavozdegalicia.es El Racing incorpora al delantero vigués Manu Justo, consultado en xuño de 2022
  8. "El Ferrol regresa a lo grande ante un Elche desdibujado". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de agosto de 2023. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  9. "Manu Justo podría jugar las dos próximas temporadas en la Cultural Leonesa". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  10. Fraguas, Ángel (24 de xuño de 2024). "La Cultural hace oficial el fichaje de Manu Justo" (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  11. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.