Saltar ao contido

Paris Adot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaParis Adot

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Paris Alejandro Adot Barandiaran Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Pamplona Editar o valor en Wikidata
Altura1,80 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral dereito
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2009 SD Lagunak
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2010 SD Lagunak
2010–2011 Cádiz CF B 32(4)
2011–2012 Unión Deportiva Mutilvera 36(7)
2012–2013 Club Deportivo Izarra 34(2)
2013–2014   Osasuna Promesas 32(0)
2014–2015 Club Deportivo Izarra 39(4)
2015–2016 Club Deportivo Tudelano 40(5)
2016–2016   Real Murcia 13(0)
2017–2017 CE Sabadell 10(1)
2017–2019   Club Deportivo Mirandés 85(4)
2019–2020   AD Alcorcón 27(0)
2020–2023   Ponferradina 108(3)
2023–2024   Deportivo da Coruña 28(0)
2024–   Algeciras CF 36(1)

Paris Alejandro Adot Barandiaran, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1990, é un futbolista español que xoga de defensa no Algeciras, da Primeira Federación

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores da SD Lagunak, debutou co primeiro equipo deste club na tempada 2009/10, en Rexional Preferente. Na tempada 2010/11 fichou polo Cádiz para xogar co seu filial, o Cádiz B, na Terceira División. A continuación volveu a Navarra e pasou polo Mutilvera, o Izarra e o Osasuna Promesas.[1]

Na tempada 2015/16 xogou no Tudelano, co que disputou 40 partidos, todos eles como titular, e marcou cinco goles. Xogou a promoción de ascenso a Segunda, caendo diante do Hércules. En xullo de 2016 asinou co Real Murcia,[2] onde xogou media tempada ata que en xaneiro de 2017 rescindiu o seu contrato e fichou polo Sabadell.

En xuño de 2017 fichou polo Mirandés, do Grupo II da Segunda División B. Titular indiscutible durante os seguintes dous anos, proclamouse campión do seu grupo na súa primeira campaña, con con Pablo Alfaro como adestrador, pero non puido ascender, ao caer na promoción. Si o conseguiu na seguinte campaña, con Borja Jiménez no banco, proclamándose tamén campión da Copa Federación.

Tras lograr o ascenso deixou Miranda de Ebro e aceptou a oferta do Alcorcón, co que debutou na Segunda División.[3] Disputou 27 partidos co equipo da Comunidade de Madrid, co que obtivo o décimo posto na liga. En 2020 rescindiu o seu contrato e fichou pola Ponferradina, da mesma categoría.[4] Militou durante os seguintes tres anos no club do Bierzo, xogando un total de 108 partidos oficiais, case todos como titular. Na súa terceira campaña o equipo descendeu á Primeira División RFEF.

En xuño fichou polo Deportivo da Coruña, que pagou a súa cláusula de rescisión.[5] Comezou o campionato da Primeira Federación alternando no lateral dereito con Ximo Navarro e afianzouse como titular grazas aos continuos problemas físicos deste.[6] Con todo, lonxe de cumprir as expectativas, trala recuperación de Ximo quedou relegado á suplencia e completou a campaña cun total de 28 encontros, 20 deles saíndo dende o inicio. O equipo proclamouse campión da categoría e logrou o ascenso á Segunda División.[6]

Ao remate da tempada, o Deportivo rescindiu o seu contrato e en agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Algeciras.[7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Mirandés
Deportivo da Coruña

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa do Rei Outros[a 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos GolesPartidosGoles
SD Lagunak 2009/10 Rexional Preferente ? ? - - - - ? ?
Cádiz B 2010/11 Terceira 31 3 - - - - 31 3
Mutilvera 2011/12 Terceira ? ? - - 2 0 2+ 0+
Izarra 2012/13 Segunda B 34 2 - - - - 34 2
Osasuna Promesas 2013/14 Terceira 32 0 - - 2 0 34 0
Izarra 2014/15 Terceira 33 3 3 0 5 1 41 4
Total club 67 5 3 0 5 1 75 6
Tudelano 2015/16 Segunda B 36 5 2 0 2 0 40 5
Murcia 2016/17 Segunda B 12 0 1 0 - - 13 0
Sabadell 2016/17 Segunda B 10 1 - - - - 10 1
Mirandés 2017/18 Segunda B 37 0 2 0 4 0 43 0
2018/19 Segunda B 36 3 - - 8 1 42 4
Total club 73 3 2 0 10 1 85 4
Alcorcón 2019/20 Segunda 26 0 1 0 - - 27 0
Ponferradina 2020/21 Segunda 33 2 1 0 - - 34 2
2021/22 Segunda B 34 1 3 0 - - 37 1
2022/23 1ª RFEF 36010 - - 370
Total club 103350 0 01083
Deportivo da Coruña 2023/24 1ª RFEF 24 0 2 0 2 0 28 0
Algeciras 2024/25 1ª RFEF 36 1 0 0 - - 36 1
2025/26 1ª RFEF 12 0 0 0 - - 12 0
Total club 48 1 0 0 0 0 48 1
Total carreira 462+21+160 23 2511+23+
  1. Inclúe Copa Federación, partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.
  1. "El Tudelano ficha a Paris Adot, Arkaitz Ruiz y Santi Samanes" (en castelán). 3 de xullo de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  2. "Paris Adot, nuevo fichaje del Real Murcia" (en castelán). 5 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  3. Jiménez, Álex (4 de xullo de 2019). "Paris Adot, refuerzo de garantías para la defensa del Alcorcón". Marca (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023.
  4. "Paris Adot deja el Alcorcón y se marcha a la Ponferradina". Marca (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  5. Simón, José Manuel (29 de xuño de 2023). "El Dépor abona la cláusula de rescisión de Paris Adot: el primer fichaje de la nueva era" (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023.
  6. 1 2 Otero, Marcos (18 de xuño de 2024). "La operación salida del Dépor, caso a caso". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2024.
  7. "Paris Adot, nuevo jugador del Algeciras C.F." (en castelán). 10 de agosto de 2024. Consultado o 14 de agosto de 2024.