Saltar ao contido

Iván Barbero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbero
Información persoal
Nome Iván Martínez Gonzálvez
Nacemento 17 de agosto de 1998
Lugar de nacemento Roquetas de Mar
Altura 1,87 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 9
Carreira xuvenil
Parador
Poli Ejido
2011–2015 Poli Aguadulce
2015–2016 Natación Almería
2016–2017 Almería
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014 Poli Aguadulce 1 (0)
2017 Almería B 4 (0)
2017–2023 Osasuna Promesas 82 (28)
2019–2023 Osasuna 6 (0)
2020 Almería 9 (0)
2020–2021 Alcorćon 32 (2)
2023– Deportivo da Coruña 23 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Iván Martínez Gonzálvez, coñecido como Barbero, nado en Roquetas de Mar o 17 de agosto de 1998, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, José Antonio Martínez Baena, de quen herdou o alcume de "Barbero", foi porteiro entre outros equipos da UD Almería, equipo no que xogou varios anos, conseguindo un ascenso á Segunda División.

Iván Barbero formouse como futbolista nas canteiras do hoxe desaparecido Poli Ejido e do Polideportivo de Aguadulce. Nesta etapa xogou principalmente na posición de interior esquerdo, ata a súa chegada en 2015 ao Club Natación Almería, onde comezou a actuar con máis regularidade como dianteiro centro. Despois dunha tempada no Natación Almería fichou polo equipo xuvenil da UD Almería, equipo da División de Honra no que militou durante unha campaña, chegando a disputar ademais catro encontros co Almería B na Terceira División.[1]

Para a tempada 2017/18 ingresou na estrutura do Osasuna para xogar no filial deste, o Promesas, no que tamén xogara seu pai na década de 1990.[2] Na súa primeira tempada fíxose coa titularidade no filial, co que marcou 20 goles, e un triplete seu ante o Cádiz B deulle ao Osasuna Promesas o ascenso á Segunda División B.[3] En decembro de 2019 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido diante do Lorca Deportiva. Un mes despois, cando era un dos máximos anotadores da terceira categoría, con 10 goles, pasou a un club de nivel superior, sendo cedido ao Almería, de Segunda División.[1]

No seu regreso ao club almeriense, debutou co primeiro equipo deste na categoría de prata, nun encontro ante o Numancia en Los Pajaritos, substituíndo nos minutos finais ao serbio Radosav Petrović. Participou nun total de 10 partidos, un deles como titular, e disputou sen éxito a fase de ascenso á Primeira División.

Para a tempada 2020/21 volveu saír cedido a un club de Segunda, o Alcorcón.[4] No equipo dirixido por Mere primeiro e Anquela despois, o xogador almeriense disputou un total de 34 encontros, saíndo habitualmente dende o banco de suplentes. Marcou dous goles, contra Tenerife e Rayo Vallecano, e acabou salvando a categoría nas últimas xornadas.

No verán de 2021 regresou a Osasuna, pasando a ter ficha do primeiro equipo. Así, na segunda xornada da tempada 2021/22 debutou na Primeira División, nun partido diante do Cádiz no Nuevo Mirandilla, saltando ao terreo de xogo no minuto 87 como substituto de Torró.[5] Disputou seis partidos na máxima categoría co equipo de Jagoba Arrasate e marcou un gol na Copa do Rei. Para a seguinte campaña baixou ao filial, co que disputou 35 partidos na Primeira División RFEF, marcando 13 goles.

O 21 de xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 Miralles, Carlos (29 de xaneiro de 2020). "El Almería hace oficial el fichaje de Barbero" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  2. G. Luque, Francisco (28 de novembro de 2018). "El Barbero que marca los goles" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  3. Góngora, Rafa (2 de xuño de 2019). "Iván Barbero, la estrella en el ascenso de Osasuna a 2ªB" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  4. Jiménez, Álex (28 de agosto de 2020). "El rojillo Iván Barbero, nuevo delantero para el Alcorcón". Marca (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  5. Iborra, Javier (29 de agosto de 2021). "Osasuna se destapa con una remontada épica en Cádiz" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  6. "Barbero, novo xogador do Dépor 2023-24". 21 de xullo de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023.