Saltar ao contido

Ximo Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXimo Navarro
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Guadahortuna Editar o valor en Wikidata
Outros nomesXimo Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2011   RCD Mallorca B 61(1)
2011–2012 cesión:    Recreativo de Huelva 12(0)
2011–2014   RCD Mallorca 54(0)
2012–2012 cesión:    Córdoba CF 19(0)
2014–2017   UD Almería 89(3)
2017–2018   UD Las Palmas 31(0)
2018–2022   Deportivo Alavés 103(3)
2022–2023   Fortuna Sittard 15(0)
2023–   Deportivo da Coruña 23(0)

Joaquín 'Ximo' Navarro Jiménez, nado en Guadahortuna, Granada, o 23 de xaneiro de 1990, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Guadahortuna, na provincia de Granada, criouse en Mallorca e formouse como futbolista no Patronato e no San Francisco, antes de ingresar na canteira do RCD Mallorca.[1][2] Na tempada 2008/09 debutou co filial do club, o Mallorca B, na Terceira División, logrando o ascenso nesa mesma campaña.[1] Disputou un total de 58 partidos co filial durante as dúas seguintes tempadas, xa na Segunda División B, e, agás un, todos eles como titular.

Para a tempada 2011/12 foi cedido ao Recreativo de Huelva, da Segunda División,[3] categoría na que debutou na segunda xornada, nunha derrota por 1-0 ante o Deportivo da Coruña en Riazor.[4] Despois de xogar 12 partidos co decano do fútbol español, todos como titular, no mercado invernal cambiou de equipo, sendo cedido ao Córdoba, da mesma categoría, co que disputou 19 encontros, incluída a promoción de ascenso á Primeira División.[5]

A continuación regresou ás Illas Baleares para a tempada 2012/13, xa como xogador do primeiro equipo. Debutou na Primeira División na xornada inaugural do campionato, saíndo de titular ante o Espanyol en Son Moix (vitoria por 2-1).[6] Disputou un total 16 partidos na súa primeira campaña na elite, ás ordes de Caparrós primeiro e Manzano despois, pero o equipo acabou perdendo a categoría. Na seguinte campaña fíxose dono absoluto da banda dereita do Mallorca, disputando 39 partidos, todos como titular.

Regresou á máxima categoría no verán de 2014, asinando co Almería un contrato por tres anos.[1] No primeiro deles o equipo descendeu a Segunda, categoría na que Ximo Navarro xogou durante os seguintes dous anos. O 17 de xuño de 2017 fichou pola UD Las Palmas, regresando así á Primeira División,[7] pero volveu descender ao remate da tempada, despois de ser titular na maioría de partidos.

En 2018 iniciou unha etapa de catro anos no País Vasco, nas filas do Deportivo Alavés.[8] Coa camiseta do "Glorioso", marcou o seu primeiro gol na categoría, nunha ampla vitoria por 1-5 sobre o Rayo Vallecano.[9] Xogou un total de 104 partidos co club vitoriano, nos que marcou tres goles.

Ao remate do seu contrato, que coincidiu co descenso do equipo a Segunda,[10] meditou nunha posible retirada pero acabou marchando aos Países Baixos,[11] onde fichou polo Fortuna Sittard, equipo adestrado polo salmantino Julio Velázquez, o seu último técnico no Alavés.[12] Debutou na Eredivisie o 2 de outubro, na vitoria por 2-0 sobre o FC Volendam,[13][14] e xogou un total de 16 partidos co club.

O 1 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[15] A súa primeira campaña no club galego estivo marcada por varias lesións que lle fixeron perder varios treitos de competición, especialmente na primeira metade da liga.[16] Con todo, contribuíu con 24 partidos (21 deles como titular) a que o equipo se proclamase campión da categoría, logrando así o ascenso á Segunda División. Na tempada 2024/25, con menos problemas físicos, foi un dos mellores futbolistas do equipo, aportando seguridade na defensa e creando perigo en ataque, e sumou catro goles e dúas asistencias en 30 partidos.[17][18]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Outros[a 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos GolesPartidosGoles
Mallorca B 2008/09 Terceira 3 0 - - 6 0 9 0
2009/10 Segunda B 30 1 - - - - 30 1
2010/11 Segunda B 28 0 - - - - 28 0
Total club 61 1 0 0 0 0 67 1
Recreativo de Huelva 2011/12 Segunda 12000 - - 120
Córdoba 2011/12 Segunda 17 0 0 0 2 0 19 0
Mallorca 2012/13 Primeira 16030 - - 190
2013/14 Segunda 38 0 1 0 - - 39 0
Total club 54040 0 0580
Almería 2014/15 Primeira 28010 - - 290
2015/16 Segunda 24110 - - 251
2016/17 Segunda 37210 - - 382
Total club 89 3 3 0 0 0 92 3
Las Palmas 2017/18 Primeira 31 0 2 0 - - 33 0
Alavés 2018/19 Primeira 31 2 0 0 - - 31 2
2019/20 Primeira 23 0 0 0 - - 23 0
2020/21 Primeira 31 1 1 0 - - 32 1
2021/22 Primeira 18 0 0 0 - - 18 0
Total club 103 3 1 0 0 0 104 3
Fortuna Sittard 2022/23 Eredivisie 15 0 1 0 - - 16 0
Deportivo da Coruña 2023/24 1ª Federación 23 0 1 0 0 0 24 0
2024/25 Segunda 30 4 0 0 - - 30 4
Total club 53 4 1 0 0 0 54 4
Total carreira 43511120 8 045511
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División B e a Primeira División.
  1. 1 2 3 Miralles, Carlos (11 de xullo de 2014). "Ximo Navarro, el lateral del futuro" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
  2. "Ximo Navarro corrió la banda de Tentempié en el SER Deportivos" (en castelán). 7 de outubro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  3. "Ximo Navarro llega al Recre en calidad de cedido". Marca (en castelán). 10 de agosto de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  4. Piñeiro, Miguel (28 de agosto de 2011). "Aranzubía evita un susto tras la falta de pegada del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
  5. "El Recre cede a 'Ximo' Navarro al Córdoba". Marca (en castelán). 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  6. "El Espanyol pierde ante el Mallorca (2-1)" (en castelán). 19 de agosto del 2012. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  7. "Ximo Navarro, nueva incorporación de la UD Las Palmas para la temporada 2017 / 2018" (en castelán). 17 de xuño de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  8. "El Deportivo Alavés refuerza la defensa con la incorporación de Ximo Navarro" (en castelán). 5 de xullo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  9. "Ximo Navarro se estrena como goleador en primera". Marca (en castelán). 23 de setembro de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  10. "Varios jugadores finalizan hoy su vinculación con el Deportivo Alavés" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  11. Yordi, Juan (17 de outubro de 2024). "Ximo, de una posible retirada a buscar otro ascenso con el Dépor". Marca (en castelán). Consultado o 20 de outubro de 2024.
  12. Lekuona, Javier (14 de setembro de 2022). "Julio Velázquez se lleva a Ximo Navarro a Limburgo". As (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
  13. "Fortuna Sittard verslaat tien Volendammers met elf 'buitenlanders'" (en neerlandés). 2 de outubro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  14. "Fortuna deelt flinke degradatie-tik uit aan dramatisch Volendam" (en neerlandés). 2 de outubro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  15. "Ximo Navarro, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de agosto de 2023. Consultado o 14 de setembro de 2023.
  16. "Ximo y otras lesiones" (en castelán). 3 de novembro de 2024. Consultado o 18 de xuño de 2025.
  17. Pereira, Eder (18 de xuño de 2025). "Reconstrucción en la retaguardia del Dépor". DxT Campeón. Consultado o 18 de xuño de 2025.
  18. Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]