Martín Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ochoa
Información persoal
Nome Martín Ochoa Ruiz
Nacemento 20 de decembro de 2004
Lugar de nacemento Logroño
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Fabril
Número 9
Carreira xuvenil
Logroñés
2017–2023 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022– Fabril 29 (16)
2023– Deportivo da Coruña 1 (0)
Selección nacional
2022– España sub-18 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de setembro de 2023.
Selección: actualizado a 16 de setembro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Martín Ochoa Ruiz, nado en Logroño o 20 de decembro de 2004, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Fabril, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Nacido en Logroño, comezou a destacar na Escola de Fútbol de Logroño, ingresando a continuación na canteira da UD Logroñés.[1] No seu primeiro ano de cadete marcou 51 goles, o que espertou o interese do Deportivo da Coruña, que o fichou ao remate desa mesma campaña, xunto ao seu compañeiro Mario Nájera.[2][3] Na súa primeira tempada co cadete do Deportivo, foi o segundo máximo goleador da División de Honra Galega, con 29 goles en 24 partidos, superado só polo céltico Compa.[4] Na seguinte campaña pasou ao equipo xuvenil, e xogando coa escuadra B foi o máximo anotador da seu grupo da Liga Nacional, con 23 dianas en 20 encontros. Xogou ademais dous partidos co Xuvenil A, que esa campaña conseguiu os títulos da División de Honra e da Copa de Campións.

Tras sufrir unha lesión que o afastou durante meses dos terreos de xogo reapareceu en outubro de 2021 e disputou o histórico partido da Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv que congregou a máis de 20.000 seareiros no estadio de Riazor. Na quenda de penaltis conseguiu anotar o seu lanzamento, pero o equipo de Manuel Pablo caeu eliminado.[5] No campionato da División de Honra marcou 22 goles, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo 1, superado só por Mario Fuente e Neco Celorio.[6]

Fabril[editar | editar a fonte]

Na tempada 2022/23 contaba aínda con ficha xuvenil, pero xogou principalmente co Fabril de Óscar Gilsanz na Terceira División RFEF. Co filial deportivista proclamouse campión da categoría, conseguindo así o ascenso, e foi ademais o máximo goleador do Grupo I, con 16 tantos.[7][8] O 26 de agosto de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na primeira xornada da tempada 2023/24 da Primeira División RFEF ante o Rayo Majadahonda, substituíndo nos minutos finais a Barbero.[9]

Selección española[editar | editar a fonte]

O 26 de abril de 2022 debutou coa selección española sub-18, nun partido ante a sub-20 de Marrocos en Rabat.[10]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fabril

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antelo, Iván (21 de maio de 2022). "Así es Martín Ochoa, el canterano del Deportivo que lleva el gol en la sangre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  2. Villaverde Antón, Álvaro (8 de abril de 2022). "Martín Ochoa, otro juvenil que ya ha entrenado con el primer equipo del Deportivo" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  3. García, Iñaki (9 de novembro de 2022). "«Como hermanos» fuera del campo, complementarios en el terreno de juego" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. "Máximos Goleadores". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  5. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  6. "Máximos Goleadores División de Honra 2021/22". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  7. "Martín Ochoa, un goleador diluido en el reino de los Pichichi" (en castelán). 26 de abril de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  8. Sanz, Miguel (2 de xullo de 2023). "La Asociacion de Clubes Galegos de Fútbol premia al Fabril, a Óscar Gilsanz y a Martín Ochoa" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  9. "Martín Ochoa e a súa viaxe de cinco anos a Riazor". La Opinión A Coruña. 28 de agosto de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  10. "Martín Ochoa, con minutos onte á noite coa selección española sub-18". 27 de abril de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]