Saltar ao contido

Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKíiv
Київ (uk) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoYak tebe ne liubyty, Kyieve mii! (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

AlcumeМати міст Руських, Новий Єрусалим, Місто, де все починається e Мать городов русских Editar o valor en Wikidata
EpónimoKyi Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°27′00″N 30°31′25″L / 50.45, 30.5236
Territorio reivindicado porForças Armadas do Sul da Rússia (pt) Traducir (1919–1919)
Segunda República Polaca (1920–1920)
Reichskommissariat Ukraine (pt) Traducir (1941–1943)
República Socialista Soviética de Ucraína (1941–1943)
Rusia (2024–) Editar o valor en Wikidata
EstadoUcraína Editar o valor en Wikidata
Capital de
Ucraína (1991–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.952.301 (2022) Editar o valor en Wikidata (3.481,49 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie848 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Dniepr Editar o valor en Wikidata
Altitude179 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorKyi, Shchek, Khoryv e Lybid Editar o valor en Wikidata
Creación482 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
898Asedio de Kíiv
968Siege of Kyiv (en) Traducir
1036Siege of Kyiv (en) Traducir
1169 (Gregoriano)Sack of Kyiv (en) Traducir
1203Capture of Kyiv (en) Traducir
1240Cerco de Quieve (1240) (pt) Traducir
1482Destruction of Kyiv (1482) (en) Traducir
1658Siege of Kyiv (en) Traducir
1941Batalla de Kíiv
25 de febreiro de 2022Batalla de Kíiv Editar o valor en Wikidata
Santo padrónArcanxo Miguel Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoVitaliy Klitschko (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKyiv City Council (en) Traducir , (Escano: 120) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal01000–06999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico44 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UA-30 Editar o valor en Wikidata
Identificador KOATUU8000000000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Tampere (1954–)
Leipzig (1956–)
Florencia (1967–)
Bratislava (1969–)
Kyoto (1971–)
Edimburgo (1989–)
Múnic (1989–)
Chicago (1991–)
Vilnius (1991–)
Cracovia (1993–)
Bakú (1997–)
Riga (1998–)
Tbilisi (1999–)
Río de Xaneiro (2000–)
Belgrado (2002–)
Saraxevo (2022–)
Berlín (2023–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webkyivcity.gov.ua Editar o valor en Wikidata
Facebook: kyivcity.gov.ua Twitter: Kyiv Instagram: kyivcityofficial Telegram: KyivCityOfficial Youtube: UCfbLP1IZ4MFZqtjrUWCKVLA BNE: XX453110 Editar o valor en Wikidata

Kíiv[1], ou Kiev,[2][3][4] (en ucraínoКиїв, tr. "Kyiv"[5][ˈkɪjiw] (AFI)Uk-Київ.ogg escoitar; en rusoКиев, tr. "Kiev") é a capital e maior cidade de Ucraína, cunha poboación de arredor de 3 millóns de habitantes en 2020.[6] Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82,2%, a principal minoría é a rusa co 13,1% seguido da xudía (0,7%), belarusa (0,6%), polaca (0,3%) e armenia (0,2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüística realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4,3% só ucraíno.

Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper.

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

A simboloxía da cidade está formada polo escudo, a bandeira e o himno. A cidade tamén ten un logotipo oficial utilizado para o turismo.

O escudo está formado pola imaxe do patrón do arcanxo Miguel, o patrón da cidade, sobre un escudo azul. Foi aprobado oficialmente polo concello de Kíiv o 18 de abril de 1995. A bandeira de Kíiv é idéntica ao escudo coa diferenza de que o escudo é substituído por unha bandeira.

O primeiro escudo coñecido da cidade data de 1480, formado por un arco cargado endereitado por dous brazos. No século XVIII, o arco foi substituído por unha ballesta, actualmente este escudo utilízase para representar ao Raión Podil. O símbolo do arcanxo Miguel foi usado como escudo de armas do voivodato de Kíiv, do rexemento de Kíiv e como escudo de armas da cidade desde 1782 até a toma da cidade en 1920 polos bolxeviques. Entre 1920 e 1969, a cidade non tivo o seu propio escudo até que se aprobou o emblema soviético de Kíiv, que representa un arco e unha folla de castiñeiro coa heroica estrela da cidade. O escudo de armas soviético de Kíiv foi oficial até a aprobación do actual escudo de armas en 1995.

Artigo principal: Historia de Kíiv.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  2. Kiev foi a forma considerada pola RAG ata o 8 de marzo de 2022, adaptada da forma rusa do topónimo. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
  3. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 2104. ISBN 9788482893600. 
  4. SNL da CRTVG. "Atlas Mundial Galego Online". Consultado o 2 de abril de 2014. 
  5. Sistema nacional de transliteración ucraíno. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
  6. "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.