Nacho Carretero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacho Carretero
Nacemento1981
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e television journalist
Coñecido porFariña
Na rede
IMDB: nm9043231 Twitter: NachoCarretero Dialnet: 3470190 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDown[1], XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia[2] ou o Deportivo da Coruña.

Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,[3] unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra.[4] O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.[5][6]

Obra[editar | editar a fonte]

Presentación de Fariña en Bueu en 2018 con Fernando Miranda e Morris.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]