Kevin Sánchez
| Nome orixinal | Kevin Sánchez Rey |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 20 de febreiro de 2005 Burgos, España |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | Perú |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Dianteiro |
Kevin Sánchez Rey, nado en Burgos o 20 de febreiro de 2005, é un futbolista español, que xoga como dianteiro no FC Cartagena, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña. É internacional coa selección española sub-19.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Burgos e ten ascendencia galega por parte de seu avó, natural de Pontedeume.[1] Comezou a xogar ao fútbol no Inter Vista Alegre, pasando aos 9 anos á canteira do Burgos CF, na que permaneceu ata 2019, cando con 14 anos recibiu a chamada do Deportivo da Coruña.[2][3]
A súa primeira tempada en Galicia pasouna xogando cedido no San Tirso de Mabegondo, club que conta cun convenio de colaboración co Deportivo. Na tempada 2020/21 compaxinou o cadete do Deportivo co xuvenil B e na seguinte foi xa o máximo goleador do xuvenil B. Na 2022/23 subiu ao xuvenil A e proclamouse máximo goleador do Grupo I da División de Honra, con 21 goles.[4] Ademais, esa mesma tempada disputou as segundas semifinais da Copa do Rei Xuvenil da historia do club, debutou co Fabril en Terceira RFEF nun derbi ante o Silva e foi convocado coa selección española sub-18.
En agosto de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña no Memorial Arsenio Iglesias fronte ao Atlético Arteixo, substituíndo tralo descanso a Tim Caroutas, e disputou tamén a 78ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte ao Red Bull Bragantino II.[5][6] O 6 de decembro de 2023 debutou en partido oficial, na segunda rolda da Copa do Rei ante o Tenerife en Riazor, e marcou na prórroga o gol que colocou o 2-2 no marcador, pero uns minutos despois outro gol de Sergio González decantou a eliminatoria para o club canario.[7] Catro días despois xogou tamén co Deportivo en liga, na 16ª xornada da Primeira División RFEF contra o Sestao, substituíndo no treito final a Diego Villares.[8]
Disputou un total de 54 partidos en dúas tempadas co filial, sendo o máximo goleador do equipo en ambas ocasións, con 8 e 11 goles respectivamente. Para a tempada 2025/26 saíu cedido ao FC Cartagena, da Primeira Federación.[9]
Selección española
[editar | editar a fonte]En novembro de 2022 foi convocado por primeira vez pola selección española sub-18 dirixida por Pablo Amo, coa que debutou o día 8 nun partido ante Suíza en Las Rozas.[10][11] Cinco meses despois, en Soleura, no seu cuarto encontro internacional, marcou ante a propia Suíza o seu primeiro gol coa selección.[12]
O 15 de novembro de 2023 debutou coa selección sub-19, xogando como titular ante Moldavia nun partido de clasificación para a Eurocopa sub-19 disputado no estadio Mikheil Meskhi de Tbilisi, e marcou o cuarto dos cinco goles do seu equipo (5-0).[13]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Fabril
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Fabril | 2022/23 | 3ª RFEF | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| 2023/24 | 2ª RFEF | 26 | 8 | - | - | - | - | 26 | 8 | |
| 2024/25 | 2ª RFEF | 26 | 10 | - | - | 2 | 1 | 28 | 11 | |
| Total club | 53 | 18 | 0 | 0 | 2 | 1 | 55 | 19 | ||
| Deportivo da Coruña | 2023/24 | 1ª RFEF | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 1 | 4 | 1 |
| 2024/25 | Segunda | 4 | 0 | 0 | 0 | - | - | 4 | 0 | |
| Total club | 5 | 0 | 1 | 0 | 2 | 1 | 8 | 1 | ||
| Total carreira | 58 | 18 | 1 | 0 | 4 | 2 | 63 | 20 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira Federación e final de campións de Primeira Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (15 de outubro de 2022). "Así es Kevin Sánchez: el gol del Deportivo juvenil llegado desde Burgos, en honor a Pontedeume". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ Ortega, Álvar (14 de xuño de 2022). "Madera de goleador" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "Kevin renova por cinco anos co RC Deportivo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "Máximos goleadores División de Honor 2023". besoccer.com (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "O Dépor comeza a pretemporada con goles e homenaxes (6-0)". 1 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "O Teresa Herrera queda na Coruña por 25ª vez (4-0)". 5 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Kevin Sánchez: “Meter gol en mi debut es un sueño, lloré y todo de la emoción”". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "El Sestao River tutea al Dépor en Riazor" (en castelán). 10 de decembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "Kevin Sánchez xogará cedido esta temporada no FC Cartagena". 30 de xullo de 2025. Consultado o 10 de agosto de 2025.
- ↑ "España - Suíza sub-18 2022". transfermarkt.com (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ Romero, Román (4 de novembro de 2022). "Kevin Sánchez, convocado por la selección española sub’18" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "Kevin Sánchez, titular e protagonista na goleada de España sub-18 en Suíza". 18 de abril de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ García, Rubén (15 de novembro de 2023). "Gol del deportivista Kevin con España en la clasificación para el Europeo sub-19". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).