Saltar ao contido

Juan Gauto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Gauto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 2004 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Perito Moreno Editar o valor en Wikidata
Altura1,7 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2015–2022 CA Huracán
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2022–2023 CA Huracán 50(2)
2023– FC Basel 1893 24(2)
2024–2025 cesión:    Deportivo da Coruña 16(0)
2026– cesión:  Club Atlético Platense 2(0)

Juan Carlos Gauto, nado en Perito Moreno (Santa Cruz) o 2 de xuño de 2004, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no FC Basel, da Super Liga suíza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na canteira de Huracán en 2015 e foi avanzando polas diferentes categorías inferiores do club, destacando pola súa calidade e velocidade. Tras pasar polo equipo sub-20, en 2020 o adestrador Israel Damonte subiuno ao primeiro equipo, co que asinou o seu primeiro contrato profesional.[1] Con todo, a expansión da pandemia de COVID-19 truncou a súa progresión, polo que volveu ao segundo equipo. Dous anos despois regresou ao conxunto principal, co que debutou na Primeira División nun partido contra Tigre o 15 de abril de 2022.[2] Marcou o seu primeiro gol o 18 de febreiro de 2023, diante de Barracas Central.[3]

O 28 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Basilea, da Super Liga suíza, que pagou por el uns 3,9 millóns de euros e co que asinou un contrato por cinco anos.[4][5] Debutou no campionato helvético o 3 de setembro, nun empate 2-2 co Zúrich en St. Jakob-Park.[6] Dúas semanas despois anotou os seus únicos dous goles co club de Basilea, nunha cómoda vitoria por 8-0 sobre o FC Bosphorus na Copa de Suíza.[7]

Cesión ao Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Segunda División.[8] Foi incorporado ao club galego co obxectivo de funcionar como revulsivo dos extremos Mella e Yeremay, pero apenas tivo protagonismo ao longo da tempada.[9] Despois de xogar só 12 minutos nas primeiras 14 xornadas de liga, contou con máis oportunidades entre novembro e febreiro do ano seguinte, saltando ao terreo de xogo case sempre dende o banco de suplentes. Con todo, unha lesión no recto femoral en febreiro acabou practicamente coa súa tempada.[10] Pechou o seu paso polo Deportivo con só 300 minutos disputados en 16 partidos, sumando dúas titularidades en liga e unha na Copa do Rei.

Regreso a Basilea

[editar | editar a fonte]

De regreso en Basilea, a súa situación non mellorou e non chegou a xogar ningún minuto co primeiro equipo. Disputou, pola contra, catro partidos co equipo sub-21 na Promotion League.[11]

O 8 de xaneiro de 2026 anunciouse a súa volta á Arxentina para fichar polo Platense.[11]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi convocado por Javier Mascherano para disputar coa selección sub-20 da Arxentina a Copa do Mundo sub-20 de 2023, celebrada no seu país natal.[12] Participou en tres partidos, dous deles como titular, sendo eliminado o seu equipo nos oitavos de final a mans de Nixeria.[13]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Internacional[a 1] Outros[b 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos Goles Partidos GolesPartidosGoles
Huracán 2022 Primeira 11 0 - - - - 5 0 16 0
2023 Primeira 23 1 1 1 9 0 1 0 34 2
Total club 34 1 1 1 9 0 6 0 50 2
Basel 2023/24 Super Liga 22 0 1 2 - - - - 23 2
2024/25 Terceira 1 0 0 0 - - - - 1 0
Total club 23 0 1 2 0 0 0 0 24 2
Deportivo da Coruña 2024/25 Segunda 15 0 1 0 - - - - 16 0
Basel 2025/26 Super Liga 0 0 0 0 0 0 - - 0 0
Total carreira 72133 9 0 6 0904
  1. Inclúe partidos de Copa Libertadores e Copa Suramericana.
  1. Inclúe partidos da Copa da Liga da Arxentina.
  1. "Firmó su primer contrato y cumplió su sueño: una casa para mamá" (en castelán). 22 de maio de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  2. "Juan Gauto, la nueva joya de Huracán" (en castelán). 30 de abril de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  3. Pérez, Héctor (20 de febreiro de 2023). "Juan Gauto se presenta en masa". As (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024.
  4. "Juan Gauto stösst zum FCB" (en alemán). 28 de agosto de 2023. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  5. Barallobre, Jorge (27 de agosto de 2025). "Gauto "extraña" la redonda desde su ostracismo en Basilea". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2025.
  6. "FC Basel - FC Zürich 2:2 (0:1)". fcb.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  7. "FC Bosporus - FC Basel 0:8 (0:3)". fcb-archiv.ch (en alemán). Consultado o 2 de setembro de 2024.
  8. "Juan Carlos Gauto, desborde arxentino para o Dépor". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  9. Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2025.
  10. Lema, Jorge (9 de abril de 2025). "La enfermería del Deportivo sale a pagar en 2025". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2025.
  11. 1 2 "El sol vuelve a salir para Juan Gauto: es nuevo jugador de Club Atlético Platense" (en castelán). 8 de xaneiro de 2026. Consultado o 10 de xaneiro de 2026.
  12. "Los convocados de la Selección Argentina para el Mundial Sub 20" (en castelán). 26 de maio de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2024.
  13. "Argentina 0 - 2 Nigeria". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2024.