Saltar ao contido

Germán Parreño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGermán Parreño
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Elx, España Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Elche CF
2012–   RCD Espanyol
2015– cesión   Girona FC
2015–2015 cesión   Racing de Santander 7(0)

Germán Parreño Boix, coñecido simplemente como Germán, nado en Elx o 16 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Elche e do Espanyol e na tempada 2012/13 debutou co Espanyol B na Segunda División B. Foi o gardameta titular na maioría de partidos da campaña e ao remate da competición foi subido ao primeiro equipo.[1] O 8 de decembro de 2013 debutou co primeiro equipo nos oitavos de final da Copa do Rei diante do Real Jaén.[2]

O 6 de abril de 2014 disputou o seu único partido na Primeira División, substituíndo ao sancionado Kiko Casilla nunha derrota por 4-1 ante o Sevilla.[3] En xaneiro do ano seguinte foi cedido ao Racing de Santander ata xuño.[4] Para a tempada 2015/16 foi cedido ao Girona, tamén de Segunda, onde foi suplente de Isaac Becerra, chegando a xogar só un partido de Copa do Rei.

No verán de 2016 desvencellouse do Espanyol e regresou ao seu primeiro club, o Elche, co que só disputou catro partidos, sendo Juan Carlos o gardameta titular.[5] Na seguinte campaña baixou unha categoría para xogar co UCAM Murcia na Segunda División B.[6] Alí recuperou a titularidade ata que en decembro sufriu unha lesión de menisco que o afastou dos terreos de xogo durante meses. Na tempada 2018/19 foi o gardameta máis utilizado polo técnico Pedro Munitis, e pechou o seu paso por Murcia cun total de 49 encontros oficiais.

En 2019 fichou polo Ibiza, da mesma categoría, no que xogou durante os seguintes catro anos, logrando no segundo deles o ascenso á Segunda División, o primeiro da historia do club.[7] Na campaña de debut do Ibiza na categoría de prata, Germán foi o gardameta titular máis habitual, pero a chegada do brasileiro Daniel Fuzato na seguinte, relegouno ao banco de suplentes.

En xullo de 2023 foi anunciado como novo porteiro do Deportivo da Coruña na Primeira Federación.[8] Aínda que xerou algunhas dúbidas no inicio da tempada, acabou gañando seguridade e converteuse nun titular indiscutible para o adestrador Imanol Idiakez.[9] As súas boas actuacións contribuíron ao éxito global do equipo, que se proclamou campión absoluto da categoría e ascendeu á Segunda División.[9] Na tempada 2024/25 a chegada de Helton Leite complicou a súa situación, e aínda que xogou nas dúas primeiras xornadas, o brasileiro fíxose coa titularidade a partir da terceira e ata que o equipo conseguiu o obxectivo da permanencia, momento no que Parreño volveu ter minutos de xogo.[10]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Espanyol B 2012/13 Segunda B 24 0 - - - - 24 0
Espanyol 2013/14 Primeira 1 0 2 0 - - 3 0
2014/15 Primeira 0 0 0 0 - - 0 0
Total club 1 0 2 0 0 0 3 0
Racing de Santander 2014/15 Segunda 7 0 0 0 - - 7 0
Girona 2015/16 Segunda 0 0 1 0 - - 1 0
Elche 2016/17 Segunda 2 0 2 0 - - 4 0
UCAM Murcia 2017/18 Segunda B 19 0 0 0 - - 19 0
2018/19 Segunda B 28 0 2 0 - - 30 0
Total club 47 0 2 0 0 0 49 0
Ibiza 2019/20 Segunda B 15 0 3 0 1 0 19 0
2020/21 Segunda B 22 0 3 0 2 0 27 0
2021/22 Segunda 32 0 0 0 - - 32 0
2022/23 Segunda 5 0 2 0 - - 7 0
Total club 74 0 8 0 3 0 85 0
Deportivo da Coruña 2023/24 Primeira RFEF 31 0 1 0 - - 32 0
2024/25 Segunda 5 0 1 0 - - 6 0
Total club 36 0 2 0 0 0 38 0
Total carreira 191 0 17 0 3 0 211 0
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. "Germán Parreño renueva por el Espanyol hasta 2017". As (en castelán). 26 de agosto de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  2. "Stuani sofoca el incendio". Marca (en castelán). 6 de decembro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  3. "Conjura de Champions". Marca (en castelán). 5 de abril de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  4. "Germán, cedido al Racing de Santander" (en castelán). 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  5. "Germán, refuerzo para la portería franjiverde" (en castelán). 6 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  6. "El UCAM Murcia ficha a Germán Parreño para apuntalar la portería". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  7. "Parreño, nuevo portero del Ibiza" (en castelán). 26 de xuño de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  8. "Germán, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de xullo de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  9. 9,0 9,1 "Germán Parreño, el guardián de un Deportivo que acumula récords" (en castelán). 6 de xuño de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  10. Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]