Saltar ao contido

Héber Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHéber Pena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Héber Pena Picos Editar o valor em Wikidata
16 de xaneiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2009-2010cesión Narón Balompé Piñeiros 35(4)
2009-2013 Racing de Ferrol 49(4)
2013-2015 Unión Deportiva Somozas 35(8)
2015-2016 Racing de Ferrol 32(5)
2016-2018 Racing de Santander 73(5)
2018-2019 Real Murcia Club de Fútbol 13(0)
2019-2019 Unión Deportiva Melilla 20(7)
2019-2020 Club Deportivo Badajoz 16(4)
2020-2021 CE Sabadell 37(1)
2021- Racing de Ferrol 91(13) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Héber Pena Picos, nado en Ferrol o 16 de xaneiro de 1990, é un futbolista galego que xoga de dianteiro no Racing Club de Ferrol da Segunda División de España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pena comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Racing de Ferrol. En 2009 deixou o club para fichar polo Narón Balompé Piñeiros. Só xogou unha tempada, antes de regresar ao Racing, onde permaneceu outras tres tempadas.

En 2013, a Unión Deportiva Somozas fichouno libre e deulle a oportunidade de xogar na Terceira División. O seu primeiro gol con este club foi o 19 de novembro ante o Betanzos Club de Fútbol. Nesta tempada marcou 10 goles e colaborou no ascenso do club a Segunda B.

No seu debut na categoría de bronce do fútbol español, na primeira xornada, logrou a primeira vitoria para o seu club ao anotar de penalti fronte ao Real Avilés. O seu seguinte gol chegou o 21 de setembro de 2014, pero non serviu para nada porque o Somozas perdeu co Real Valladolid B.

En 2015 fichou polo Racing de Ferrol de novo.[2] No club galego converteuse nun xogador fundamental nun equipo que logrou a segunda praza no grupo 1 de Segunda B. Nesta tempada disputou 31 partidos e marcou 5 goles, o primeiro deles o 31 de outubro ante o Club Deportivo Guijuelo. Nos playoffs de ascenso o Cádiz Club de Fútbol superounos en primeira rolda.

Fichou polo Racing de Santander en 2016.[3] Alí estivo dúas tempadas e en 2018 uniuse ao Real Murcia Club de Fútbol. A metade de curso foise á Unión Deportiva Melilla.

En 2020 fichou polo C. E. Centre d'Esports Sabadell Futbol Club,[4] club co que conseguiu o ascenso á Segunda División tras derrotar nos playoffs ao Club Atlético de Madrid B, a Cultural Leonesa e o Fútbol Club Barcelona B.[5] Tras unha tempada na categoría de prata, en xuño de 2021 regresou ao Racing de Ferrol.[6]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Héber Pena coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Héber Pena". Transfermarkt. 
  2. "Pena regresa al Racing de Ferrol". emartsoccer.com. 26 de xuño de 2015. 
  3. "Pena ficha por el Racing". El Diario Montañés. 11 de xullo de 2016. 
  4. "Héber Pena, primer reforç hivernal del Sabadell" (en catalán). Ràdio Sabadell. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  5. "Exracinguistas que celebran el ascenso a Segunda | Todo sobre el Racing en racinguismo.com". www.racinguismo.com. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  6. "¡Fichaje! Héber Pena". Racing de Ferrol. 15 de xuño de 2021. Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  7. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.