Miguel Rodríguez Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Rodríguez
Miguel Rodríguez nun adestramento da Selección española.
Información persoal
Nome Miguel Rodríguez Vidal
Nacemento 29 de abril de 2003
Lugar de nacemento Redondela
Altura 1,79
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Na rede
Twitter: miguelrguezzv UEFA: 250126918 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel Rodríguez Vidal, nado en Redondela o 29 de abril de 2003, é un futbolista galego. Xoga como dianteiro no Real Club Celta de Vigo na Primeira División.

Comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do CD Choco e do Celta B. Na tempada 2022/23, Miguel Rodríguez pasou a integrar a primeiro equipo.

A nivel de seleccións, Miguel Rodríguez foi convocado internacionalmente pola Selección de fútbol de España Sub-18, Sub-17, Sub-16 e Sub-15.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miguel Rodríguez comezou nas categorías inferiores do Celta de vigo.

En 2018 comezou a xogar no Xuvenil A. Esa mesma tempada foi convocado pola Selección española sub-18, coa que xogou 3 partidos e anotou un gol.

O 4 de outubro de 2020 debutou co primeiro equipo, directamente convocado desde o xuvenil e sen xogar ningún partido co Celta B, na Primeira División. Nun encontro fronte a Osasuna, substituíu a Nolito no minuto 82 e rematou con derrota celeste por 0 a 2[1].

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Real Club Celta de Vigo B Galicia Galicia 2020-2022
Real Club Celta de Vigo Galicia Galicia 2022-Actualidade

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]