José Luis Sanmartín Mato
Joselu | |||
---|---|---|---|
![]() Joselu co Real Madrid en 2011 | |||
Información persoal | |||
Nome | José Luís Sanmartín Mato | ||
Nacido | 27 de marzo de 1990 (30 anos) | ||
Lugar | Stuttgart | ||
Altura | 1,91 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Newcastle United | ||
Número | 21 | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2008 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2009 | Celta B | 21 | (3) |
2009 | Celta de Vigo | 2 | (0) |
2009–2012 | Real Madrid B | 72 | (40) |
2009–2010 | → Celta (cedido) | 24 | (4) |
2011 | Real Madrid | 1 | (1) |
2012–2014 | Hoffenheim | 25 | (5) |
2013–2014 | → Eintracht Frankfurt (cedido) | 24 | (9) |
2014–2015 | Hannover 96 | 30 | (8) |
2015– | Stoke City | 22 | (4) |
2016–2017 | → Deportivo (cedido) | 20 | (5) |
2017– | Newcastle United | 22 | (4) |
Selección nacional | |||
2008–2009 | España sub-19 | 11 | (3) |
2009 | España sub-20 | 1 | (0) |
2009–2010 | España sub-21 | 4 | (1) |
2016– | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de xaneiro de 2018 [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu,[1] nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Newcastle United.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou os seus primeiros partidos profesionais durante a tempada 2008–09 co Celta de Vigo, na Segunda División. Durante esa campaña, Joselu combinou partidos co primeiro equipo e co filial.
O 31 de agosto de 2009 o Real Madrid fíxose coa fichaxe desta xove promesa por 1,5 millóns de euros, pero decidiu deixarlle cedido durante un ano no Celta de Vigo.[2] Tras unha tempada na que só consiguiu anotar 4 goles en 24 encontros, volveu a Madrid para xogar no filial do equipo branco, o Real Madrid Castilla.
Na tempada 2010–11, Joselu xogou co filial branco, o Real Madrid Castilla, sendo o máximo goleador do equipo con 15 goles xunto a Álvaro Morata. Debutou co primeiro equipo o 21 de maio de 2011 ante o UD Almería, entrando no minuto 85 polo dianteiro Karim Benzema e marcando o oitavo gol do cadro merengue apenas un par de minutos despois.[3] O 20 de decembro de 2011 Joselu disputou o seu segundo partido oficial co Real Madrid na Copa do Rei contra a SD Ponferradina. O ex do Celta, que levaba o dorsal 29, entrou no campo no minuto 76 de xogo en substitución novamente de Benzema e marcou o cuarto gol do seu equipo a pase de José Callejón. Finalmente os brancos gañaron o partido (5–1).
Deportivo[editar | editar a fonte]
O 31 de agosto de 2016 firmou polo Deportivo da Coruña, cedido por unha temporada polo Stoke City F.C.[4] O día do seu debut como branquiazul sufriu unha escordadura de xeonllo logo dunha dura entrada do xogador do Athletic Club Raúl García, que o manterá de baixa entre 6 e 8 semanas.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha jugador, Joselu.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de maio de 2012.
- ↑ "El Real Madrid ficha y cede a Joselu al Celta de Vigo"
- ↑ "Real Madrid - Almería"
- ↑ "Joselu Mato, nuevo jugador del Deportivo"
- ↑ "Joselu sufre un esguince de rodilla: entre seis y ocho semanas de baja"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Luis Sanmartín Mato ![]() |
- Nados en 1990
- Nados en Stuttgart
- Futbolistas de Galicia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Eintracht Frankfurt
- Xogadores do Hannover 96
- Xogadores do Stoke City FC
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Newcastle United FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia