Saltar ao contido

Mohamed Bouldini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMohamed Bouldini
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Casablanca, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaMarrocos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2015 Rachad Bernoussi
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2017 Raja Club Athletic 17(1)
2017–2018 Ittihad Riadi Tanger 6(0)
2018–2020 UD Oliveirense 35(6)
2020–2021 Académica de Coimbra 31(15)
2021–2022 CD Santa Clara 14(0)
2022–2022 cesión   CF Fuenlabrada 17(7)
2022–2024   Levante UD 83(16)
2024–2025   Deportivo da Coruña 11(1)

Mohamed Bouldini (en árabe: محمد بولديني), nado en Casablanca o 27 de novembro de 1995, é un futbolista marroquí que xoga como dianteiro no Granada, da Segunda División, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Casablanca, formouse como futbolista na canteira do Rachad Bernoussi e en 2015 fichou polo Raja CA, da Botola, máxima categoría do fútbol marroquí. Coas "Aguias Verdes" disputou 17 encontros, nos que marcou un gol e repartiu tres asistencias.[1]

En xaneiro de 2018 foi traspasado ao Ittihad Tanger, da mesma categoría, por un prezo aproximado dun millón de dirhams. Disputou só 59 minutos co club tanxerino, repartidos en seis partidos, nos que repartiu dúas asistencias, contribuíndo ao título de liga. Con todo, ao remate da tempada o seu contrato foi rescindido.[1]

En xullo de 2018 asinou coa UD Oliveirense da Segunda Liga de Portugal, onde militou dous anos.[2] Nun inicio xogaba habitualmente saíndo dende o banco de suplentes, pero acabou facéndose coa titularidade na súa segunda campaña, pechando o seu paso por Oliveira de Azeméis con 35 partidos e 6 goles.

En agosto de 2020 fichou polo Académica de Coimbra da mesma liga.[3] Titular indiscutible no equipo de Rui Borges, marcou 13 goles en liga, sendo o segundo máximo goleador do campionato, só por detrás do brasileiro Cassiano, do Vizela.[4]

O seu bo facer en Coímbra posibilitou que o 18 de xuño de 2021 asinase un contrato de tres anos co Santa Clara, da Primeira Liga.[5] Debutou nun partido da fase previa da Conference League diante do FC Shkupi macedonio no estadio de São Miguel de Ponta Delgada, e uns días despois xogou o seu primeiro encontro na máxima categoría do fútbol luso, contra o Tondela no João Cardoso. Con todo, apenas contou con minutos nos seguintes meses, polo que o 8 de xaneiro de 2022 saíu cedido ao CF Fuenlabrada da Segunda División española.[6]

No equipo madrileño recuperou continuidade e bo xogo, disputando 17 encontros, todos como titular, e anotando 7 goles, pero foi insuficiente para salvar o equipo do descenso. O interese espertado en varios clubs, fixo que o Fuenlabrada exercese a opción de compra que mantiña sobre o xogador, pagando medio millón de euros coa intención de vendelo inmediatamente despois.[7] Deste xeito, foi traspasado por uns 3 millóns ao Levante, da Segunda División.[8]

Militou no club valenciano durante dúas campañas, disputando na primeira delas unha promoción de ascenso a Primeira. Disputou un total de 83 encontros oficiais e foi o máximo goleador do equipo en ambas campañas, con 8 goles en cada unha delas.

En agosto de 2024 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, tamén da Segunda División, á que viña de ascender na campaña anterior.[9] Debutou co club galego na terceira xornada de liga, nun derbi ante o Racing de Ferrol en Riazor no que substituíu no segundo tempo a Barbero.[10] Aínda que contou con bastantes minutos na primeira metade da competición, o seu escaso rendemento fixo que Barbero lle gañase o posto.[11] Disputou un total de 20 partidos, 6 deles como titular, e marcou un só gol ante o Eldense.[11]

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Granada, no medio dunha operación pola que o Deportivo incorporou tamén cedido ao dianteiro Stoichkov.[12]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Outros[a 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Raja 2015/16 Botola 12 1 0 0 - - 12 1
2016/17 Botola 5 0 0 0 - - 5 0
2017/18 Botola 0 0 0 0 - - 0 0
Total club 17 1 0 0 0 0 17 1
Ittihad Tanger 2017/18 Botola 6 0 0 0 - - 6 0
Oliveirense 2018/19 Segunda Liga 17 3 0 0 2 1 19 4
2019/20 Segunda Liga 15 2 1 0 - - 16 2
Total club 32 5 1 0 2 1 35 6
Académica de Coimbra 2020/21 Segunda Liga 29 14 2 1 - - 31 15
Santa Clara 2021/22 Primeira Liga 9 0 1 0 4 0 14 0
Fuenlabrada 2021/22 Segunda 17 7 - - - - 17 7
Levante 2022/23 Segunda 36 8 4 0 4 0 44 8
2023/24 Segunda 36 8 1 0 - - 37 8
Total club 72 16 5 0 4 0 81 16
Deportivo da Coruña 2024/25 Segunda 20 1 0 0 - - 20 1
Total carreira 192 44 9 1 10 1 221 46
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División e fase previa da Conference League.
  1. 1,0 1,1 "Un indésirable du Raja rebondit au Portugal" (en francés). 19 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  2. "Mohamed Bouldini assina por uma época" (en portugués). 20 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  3. "Bouldini reforça ataque da Académica" (en portugués). 27 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  4. "OFICIAL: Santa Clara contrata segundo melhor marcador da II Liga" (en portugués). 18 de xuño de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  5. "Bouldini reforça o ataque do Santa Clara" (en portugués). 18 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  6. "El Fuenlabrada oficializa la compra de Bouldini y ya piensa en su venta". As (en castelán). 29 de xuño de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  7. Romano, Marcos (29 de xuño de 2022). "El Fuenlabrada oficializa la compra de Bouldini y ya piensa en su venta". As (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2024. 
  8. "El Levante ficha a Bouldini por tres millones". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de agosto de 2022. Consultado o 4 de setembro de 2024. 
  9. "El Levante traspasa a Bouldini al RC Deportivo" (en castelán). 29 de agosto de 2024. Consultado o 4 de setembro de 2024. 
  10. "Bouldini: «Sentí que me querían en el Deportivo y me convencieron rápido»" (en castelán). 4 de setembro de 2024. Consultado o 4 de setembro de 2024. 
  11. 11,0 11,1 Lema, Jorge (21 de agosto de 2025). "El mercado recalcula las opciones de Bouldini". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2025. 
  12. Lema, Jorge (21 de agosto de 2025). "Guía básica para entender el intercambio de Bouldini por Stoichkov entre Deportivo y Granada". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2025.