David Aganzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Aganzo
Información persoal
Nome completo David Aganzo Méndez
Nacemento 10 de xaneiro de 1981 (38 anos)
Lugar Leganés, España
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Lugo
Número 16
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000 Real Madrid C
2000–2004 Real Madrid 4 (0)
2000–2001Extremadura (ces.) 16 (5)
2001–2002Espanyol (ces.) 11 (0)
2002–2003Valladolid (ces.) 30 (9)
2003–2004Levante (ces.) 33 (9)
2004–2007 Racing Santander 49 (10)
2006Beitar Jer. (ces.) 12 (3)
2007–2008 Alavés 30 (11)
2008–2011 Rayo Vallecano 72 (28)
2011–2012 Hércules 21 (2)
2012–2014 Aris 38 (12)
2014–2015 Lugo 11 (3)
Selección nacional
1997–1998 España Sub-16 11 (5)
1998–1999 España Sub-17 8 (6)
1999–2000 España Sub-18 7 (2)
1999–2001 España Sub-20 4 (0)
2000–2003 España Sub-21 13 (3)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 18 de xaneiro de 2015

David Aganzo Méndez, coñecido habitualmente como Aganzo, nado en Leganés (Madrid) o 10 de xaneiro de 1981, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Leganés, Madrid, Aganzo é froito da canteira do Real Madrid, onde pasou desde o equipo xuvenil directamente ao primeiro equipo, sen ter xogado antes nin en Segunda nin en Terceira. Así, debutaría co primeiro equipo madridista en Primeira división na tempada 1999-2000 o 20 de febreiro nun encontro en Mestalla ante o Valencia CF que remataría con empate 1-1. Ese ano acabaría xogando catro partidos de liga e un da Liga de Campións, concretamente na vitoria do seu equipo por 1-0 ante o Rosenborg Ballklub. Ese mesmo ano Aganzo engade ao seu palmarés o máximo título continental.

Nos seguintes anos sería cedido a outros clubs de Primeira División, o u de Segunda con aspiracións de ascenso: CF Extremadura, RCD Espanyol, Real Valladolid[1] e Levante UD. Co Valladolid, en Primeira, sería o máximo goleador do equipo esa tempada, mentres que ao ano seguinte sería peza clave no ascenso do Levante á Primeira División. Ao ano seguinte Aganzo deixa de ser xogador do Real Madrid e asina co Racing de Santander da máxima categoría, onde pese a destacar no primeiro ano, por mor das lesións sería menos habitual nos dous seguintes, onde mesmo foi cedido temporalmente ao Beitar Xerusalén FC en xaneiro.

Na seguinte tempada, Aganzo deixa o Racing e asina co Deportivo Alavés da Segunda División, contribuíndo con 10 goles a axudar á permanenecia do conxunto vasco. Ao ano seguinte asinaría co Rayo Vallecanoda mesma categoría, onde permanecería durante tres tempadas, chegando a meter 12 goles en tan só 30 partidos para os madrileños. Tras tres tempadas no conxunto de Vallecas, Aganzo ficha polo Hércules CF, aínda que unha tempada farta de lesión evita que poida dar o seu máximo nivel. Tras acabar a tempada no club alacantino marcha a Grecia para asinar co Aris Salónica, onde metería un total de 12 goles en 38 partidos na máxima categoría helena. Tras final o seu contrato co equipo mecedónico, asina o 18 de agosto de 2014 co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
1999-2000 Real Madrid Primeira 4 0
2000-2001 CF Extremadura Segunda 16 5
2001-2002 RCD Espanyol Primeira 11 0
2002-2003 Real Valladolid Primeira 30 9
2003-2004 Levante UD Segunda 33 9
2004-2005 Racing de Santander Primeira 26 7
2005-2006 Racing de Santander Primeira 17 3
2006-2007 Racing de Santander Primeira 6 0
2006 Beitar Xerusalén Premier Israel 12 3
2007-2008 Deportivo Alavés Segunda 30 11
2008-2009 Rayo Vallecano Segunda 30 12
2009-2010 Rayo Vallecano Segunda 19 9
2010-2011 Rayo Vallecano Segunda 23 7
2011-2012 Hércules CF Segunda 19 2
2012-2013 Aris FC Superliga Grecia 21 9
2013-2014 Aris FC Superliga Grecia 17 3
2014-2015 CD Lugo Segunda 11 3

Títulos[editar | editar a fonte]

Real Madrid
Selección española
  • Copa do Mundo de Fútbol Sub-20: 1999

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Aganzo, cedido al Valladolid" [David Aganzo, emprestado ao Valladolid] (en castelán). Diario AS. 28 de maio de 2002. Consultado o 11 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]