Alejandro López Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álex López
Álex López.JPG
Información persoal
Nome completo Alejandro López Sánchez
Nacemento 11 de xaneiro de 1988 (31 anos)
  Ferrol
Nacionalidade España
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Número 8
Carreira xuvenil
Horreo
1999–2000 Racing San Pedro CF
2000–2002 San Rosendo CF
2002–2005 Racing Club de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Racing Club de Ferrol 5 (0)
2005–2006O Val (cedido)
2007–2009 Narón
2009–2010 Celta B 36 (13)
2009– RC Celta 138 (16)
2015–2016Sheffield Wednesday FC Cedido
Selección nacional
2004 España sub-16 1 (0)
2005 España sub-17 2 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2014.
† Aparicións (Goles)

Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Celta de Vigo da Primeira División Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álex formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando enseguida a ser membro do primeiro equipo. O seu debut no fútbol profesional produciuse o 15 de maio de 2005, sendo xogador do Racing de Ferrol da Segunda División Española[1]. Con tan só dezasete anos, Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.

Pola falta de oportunidades no Racing de Ferrol, Álex decide buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno asina polo Narón Balompé da Terceira División Española. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o Celta de Vigo e o Racing de Ferrol, se confirma finalmente a súa fichaxe polo club celeste[2].

Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que disputa o Celta contra o Nàstic de Tarragona[3]. Con todo, non chegou a disputar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Encontros Goles
2004-2005 Racing de Ferrol Segunda 2 0
2005-2006 SD O Val (cedido) Terceira
2006-2007 Racing de Ferrol Segunda B 3 0
2007-2008 Narón BP Terceira
2008-2009 Narón BP Terceira
2009-2010 Celta de Vigo B Segunda B 36 13
2009-2010 Celta de Vigo Segunda 2 0
2010-2011 Celta de Vigo Segunda 35 3
2011-2012 Celta de Vigo Segunda 36 6
2012-2013 Celta de Vigo Primeira 33 2
2013-2014 Celta de Vigo Primeira 31 5
2014-2015 Celta de Vigo Primeira 25 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]