Luis Chacón
Luis Chacón coa selección galega en 2024 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 30 de maio de 2000 Pontedeume, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Luis Rodríguez Chacón, coñecido como Luis Chacón, nado en Pontedeume o 30 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo esquerdo na Cultural Leonesa, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado como futbolista na canteira do Racing de Ferrol, debutou co primeiro equipo con só 16 anos, nun encontro da Segunda División B ante o Somozas. Despois de dous anos e medio máis no xuvenil, nas tempadas 2019/20 e 2020/21 foi cedido ao propio equipo das Somozas, que para entón xogaba xa na Terceira División.[1] Disputou un total de 58 partidos co club, co que marcou 10 goles e disputou unha promoción de ascenso.
Na tempada 2021/22 incorporouse ao primeiro equipo do Racing de Ferrol, na nova Primeira División RFEF.[2] Xogou no primeiro equipo ferrolán dúas campañas, sendo un xogador importante sobre todo na segunda delas, na que o club conseguiu regresar á Segunda División despois de 15 anos de ausencia, tras proclamarse campión do Grupo I de Primeira RFEF. Chacón contribuíu con 29 partidos de liga e 5 goles.[3]
En agosto de 2023 fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á Primeira Federación.[4] Titular indiscutible na súa única tempada no Carballiño, marcou 10 goles, sendo o máximo goleador e un dos xogadores máis destacados do equipo, que acadou unha sorprendente oitava praza na liga.[5]
En xullo de 2024 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña, converténdose na primeira fichaxe do club no seu regreso á Segunda División despois de catro tempadas na terceira categoría.[5] Con todo, despois de realizar a pretempada co equipo, saíu cedido en agosto á Cultural Leonesa, da Primeira Federación.[6] No club leonés coincidiu con outros seis futbolistas galegos (Quique Fornos, Pibe, Kevin Presa, Bicho, Antón Escobar e Manu Justo) e completou unha brillante tempada que culminou cun histórico ascenso á Segunda División como campión do Grupo I.[7] Foi o xogador máis destacado do equipo, contribuíndo ao ascenso con 13 tantos e cinco asistencias, e foi o autor do único gol do seu equipo na última xornada de liga contra o Andorra no Reino de León, converténdose así no "heroe do ascenso".[7][8] A súa gran tempada valeulle o premio da AFE ao mellor xogador da Primeira Federación.[9]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[10]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Racing de Ferrol | 2016/17 | Segunda B | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| 2018/19 | Terceira | 4 | 1 | - | - | 0 | 0 | 4 | 1 | |
| Somozas | 2019/20 | Terceira | 27 | 6 | - | - | - | - | 27 | 6 |
| 2020/21 | Terceira | 28 | 4 | - | - | 3 | 0 | 31 | 4 | |
| Total club | 55 | 10 | 0 | 0 | 3 | 0 | 58 | 10 | ||
| Racing de Ferrol | 2021/22 | 1ª RFEF | 24 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | 26 | 0 |
| 2022/23 | 1ª RFEF | 29 | 5 | 1 | 0 | 1 | 0 | 31 | 5 | |
| Total club | 58 | 6 | 2 | 0 | 2 | 0 | 62 | 6 | ||
| Arenteiro | 2023/24 | 1ª RFEF | 36 | 10 | 2 | 0 | - | - | 38 | 10 |
| Deportivo da Coruña | 2024/25 | Segunda | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| Cultural Leonesa | 2024/25 | 1ª RFEF | 35 | 12 | 0 | 0 | 2 | 1 | 37 | 13 |
| Total carreira | 185 | 38 | 4 | 0 | 7 | 1 | 196 | 39 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Racing de Ferrol
- Primeira Federación (1): 2022/23.
- Cultural Leonesa
- Primeira Federación (1): 2024/25.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Chacón tendrá ficha con el Racing de Ferrol" (en castelán). 24 de agosto de 2021. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "De Luisiño a Luis Chacón: visión y paciencia avalan la metamorfosis del jugador del Racing de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ De la Barrera, Elba (22 de junio de 2022). "Luis Chacón, la incógnita a despejar en el Racing: «Busco profesionalizarme; todo para seguir aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "Luis Chacón se suma al proyecto del Arenteiro". La Región (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 "El mediapunta Luis Chacón firma por el Deportivo hasta 2028". DxT Campeón (en castelán). 12 de xullo de 2024. Consultado o 14 de xullo de 2024.
- ↑ "Luis Chacón, cedido á Cultural Leonesa". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 García Rubio, Silvia (28 de maio de 2025). "El éxito del 'clan gallego' de la Cultural" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2025.
- ↑ López Bonome, Antón (5 de xuño de 2025). "El «baile inolvidable» de Chacón en la Cultu: así fue la temporada del cedido por el Dépor en Primera Federación" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ Pereira, Eder (6 de novembro de 2025). "Yeremay, elegido en los premios AFE como mejor jugador de Segunda en la 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2025.
- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Nados en 2000
- Nados en Pontedeume
- Futbolistas de Pontedeume
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores do CD Arenteiro
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do CD Arenteiro internacionais coa selección de fútbol de Galicia