Charlie Patiño
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 17 de outubro de 2003 Watford | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Charlie Michael Patiño Higgs, coñecido como Charlie Patiño,[1] nado en Watford o 17 de outubro de 2003, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Bochum, da 2. Bundesliga, cedido polo Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Watford, comezou a xogar ao fútbol no St. Albans City, pasando aos sete anos ao Luton Town.[2][3] Atraeu a atención dos medios de comunicación xa con 11 anos, cando despois de recibir ofertas dos principais clubs ingleses, foi trapasado por 10.000 libras ao Arsenal.[4][5] Subiu rapidamente polas diferentes categorías inferiores do club, e con só 14 anos xa destacaba no equipo sub-18.[6]
En outubro de 2020 asinou o seu primeiro contrato profesional co Arsenal.[7] Ese mesmo mes, foi incluído na lista "Next Generation" 2020 de The Guardian, como un dos mellores xogadores novos dos equipos da Premier League.[8]
O 21 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Arsenal na vitoria por 5-1 contra o Sunderland na EFL Cup, marcando o quinto gol dos Gunners no tempo de desconto, pouco despois de entrar como substituto de Emile Smith Rowe.[9]
Para a tempada 2022/23 saíu cedido ao Blackpool, club do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[10] Debutou co equipo o 6 de agosto, nun encontro ante o Stoke City, substituíndo a Lewis Fiorini na segunda metade.[11] Disputou un total de 37 partidos, nos que marcou 3 goles, incluído un no derbi de West Lancashire contra o Preston North End en Bloomfield Road.[12]
Na campaña 2023/24 volveu saír cedido á Championship, desta vez ao Swansea City. Co equipo galés disputou un total de 35 encontros, ás ordes de Michael Duff primeiro e Luke Williams despois, anotando catro goles.
En agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña.[13] Aínda que chegou á cidade natal de seu avó como unha gran promesa, apenas tivo protagonismo ao longo da tempada 2024/25.[14] Debutou na Segunda División o 27 de setembro, na vitoria por 2-5 da sétima xornada de liga contra o Albacete no Carlos Belmonte, entrando no minuto 83 no lugar de Mfulu.[15] Un mes despois, a baixa do congolés permitiulle ser titular ante o Levante, pero acabou sendo substituído ao descanso.[16]
Tras xogar uns minutos nunha derrota contra o Almería, pasou case seis meses sen ser aliñado en liga, ata que co obxectivo da permanencia xa cumprido, volveu xogar nos catro últimos partidos de liga. Na penúltima xornada contra o Real Zaragoza, marcou en propia meta o único gol do encontro, sendo este o derradeiro gol anotado nos 67 anos de historia do estadio da Romareda antes da súa demolición.[17] Na tempada 2025/26, xa con Antonio Hidalgo no banco, tampouco tivo continuidade, contando só con cinco titularidades nunha campaña na que o equipo logrou o ascenso á Primeira División. Entrou habitualmente dende o banco de suplentes, ata sumar un total de 31 partidos, aínda que cun rendemento escaso.[18]
Para a tempada 2026/27 foi cedido ao Bochum, da 2. Bundesliga.[19]
Selección inglesa
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección inglesa nas categorías sub-15, sub-16, sub-17 e sub-19. Elixible por España pola súa ascendencia paterna, a Real Federación Española ofreceulle xogar na selección española.[3][20][21]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Seu pai, Julio Patiño, é fillo de dous emigrantes galegos que se instalaron en Inglaterra na década de 1960. Súa avoa paterna é natural do lugar cambrés de Lema, mentres que seu avó naceu no Campo da Leña da Coruña.[22] Durante a súa infancia visitaba asiduamente Galicia xunto coa súa familia, e acudía a Riazor con seu pai, afeccionado do Deportivo da Coruña, especialmente durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera.[22]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Arsenal | 2021/22 | Premier League | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 1 | 2 | 1 |
| Blackpool | 2022/23 | Championship | 34 | 2 | 2 | 1 | 1 | 0 | 37 | 3 |
| Swansea City | 2023/24 | Championship | 33 | 3 | 2 | 1 | 0 | 0 | 35 | 4 |
| Deportivo da Coruña | 2024/25 | Segunda | 7 | 0 | 1 | 0 | - | - | 8 | 0 |
| 2025/26 | Segunda | 28 | 0 | 3 | 0 | - | - | 31 | 0 | |
| Total club | 35 | 0 | 4 | 0 | 0 | 0 | 39 | 0 | ||
| Total carreira | 102 | 5 | 9 | 2 | 2 | 1 | 113 | 8 | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O galego Charlie Patiño ameaza con revolucionar a mellor liga do mundo". NosDiario. 22 de decembro de 2021.
- ↑ Small, Aidan (17 de xuño de 2021). "Young Gun: Charlie Patino" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021.
- 1 2 "Who is Charlie Patino? The Arsenal wonderkid who looks ready for role under Mikel Arteta after making senior debut and bagging first goal for Gunners against Sunderland in Carabao Cup" (en inglés). 22 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Arsenal win the race to sign 11-year-old wonderkid Charlie Patino". The Guardian (en inglés). 15 de maio de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Charlie Patino: Arsenal's teenage wonderkid scores on debut". BBC (en inglés). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Chelsea sub-18 2-2 Arsenal sub-18". arsenal.com (en inglés). 9 de maio de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ Simmonds, Mike (22 de outubro de 2020). "Ex-Hatters youngster Charlie Patino signs a first pro deal with Arsenal" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Next Generation 2020: 20 of the best talents at Premier League clubs". The Guardian (en inglés). 7 de outubro de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Charlie Patiño debuta y marca en el pase del Arsenal a semifinales de la Carabao". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Arsenal, Charlie Patino cedido al Blackpool" (en castelán). 4 de agosto de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ "Stoke City earned their first three points of the season with Harry Clarke and Jacob Brown giving them a deserved Championship victory over Blackpool.". BBC (en inglés). 6 de agosto de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ "Two goals from top scorer Jerry Yates and a lovely strike from Charlie Patino helped Blackpool edge Preston in a pulsating west Lancashire derby at Bloomfield Road.". BBC (en inglés). 22 de outubro de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ "O Dépor asina ao centrocampista Charlie Patiño até 2028". 26 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ "Albacete-Deportivo". BDFutbol (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ "Idiakez 'señala' a Charlie Patiño en su estreno como titular: sustituido al descanso pese a hacer un partido aseado" (en castelán). 24 de outubro de 2024. Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ "Hasta pronto, querida Romareda". As (en castelán). 25 de maio de 2025. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2025. Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ Silveira, Xane (5 de xuño de 2026). "Las notas individuales de la temporada del Deportivo: Mario Soriano, MVP blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2026.
- ↑ "CHARLIE PATIÑO, CEDIDO ESTA TEMPORADA AO VFL BOCHUM". 31 de agosto de 2026. Consultado o 1 de setembro de 2026.
- ↑ "Spain to battle England for Arsenal youngster Charlie Patino’s international future" (en inglés). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "England & Spain battle for international allegiance of Arsenal's Charlie Patino" (en inglés). 21 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- 1 2 Miranda, Carlos (12 de novembro de 2020). "Charlie Patiño, sangre coruñesa a las puertas de la Premier League". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en Soccerway (en inglés).