Premier Liha
| Tipo | liga de fútbol |
|---|---|
| Organizador | Ukrainian Premier League (en) Federación de Fútbol de Ucraína (–2008) |
| Liga inferior | Campeonato Ucraniano de Futebol - Segunda Divisão (pt) |
| Número de participantes | 16 |
| Localización e Datas | |
| País | Ucraína |
| Vixencia | 1991 – |
| Calendario da tempada | xullo – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | upl.ua |

O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.
O Dynamo de Kíiv e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.
O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Tempada 2022–23
[editar | editar a fonte]Nesta campaña na Liga Premier participan 14 equipos da tempada anterior e os dous mellores da Persha Liha 2021–22. Dous equipos non participaron debido á destrución das súas infraestruturas pola ocupación rusa de Ucraína.
Palmarés
[editar | editar a fonte]O palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs:
| Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
|---|---|---|
| 17 | 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2014–15, 2015–16, 2020-21, 2024-25 | |
| 15 | 2001–02, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20, 2022–23, 2023–24 | |
| 1 | 1992 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da UPL (en ucraíno) (en inglés)
- Páxina oficial da Premier Liha (en inglés)