Fran Vieites

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fran Vieites
Información persoal
Nome Francisco Barbosa Vieites
Nacemento 1999
Lugar de nacemento Pontecesures
Altura 1,96 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Betis Deportivo
Número 13
Carreira xuvenil
–2015 Bertamiráns
2015–2018 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015 Bertamiráns 1 (0)
2018–2020 Celta de Vigo B 15 (0)
2020–2022 Lugo 12 (0)
2022– Betis Deportivo 42 (0)
2023– Betis 3 (0)
Na rede
UEFA: 250189161 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Francisco Barbosa Vieites, máis coñecido como Fran Vieites, nado en Pontecesures o 7 de maio de 1999, é un futbolista galego que xoga como porteiro no Betis Deportivo, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como gardameta de fútbol nas categorías inferiores do Bertamiráns ata completar a súa etapa como cadete. Con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División, substituíndo a Fran Dacuña nos minutos finais dun partido ante o Cerceda no Roxo.[1] En 2015 ingresou na canteira do Celta de Vigo.[2] Tras xogar co xuvenil na División de Honra, para a tempada 2018/19 formou parte do Celta B na Segunda División B, aínda que non chegou a xogar ningún minuto, sendo Iván Villar o gardameta aliñado por Rubén Albés en case tódolos partidos. Debutou finalmente na tempada 2019/20, na que disputou 15 partidos co filial e foi convocado 6 veces polo primeiro equipo.

En setembro de 2020 fichou polo Lugo, da Segunda División, nun principio como terceiro porteiro por detrás de Ander Cantero e Varo.[3] Na tempada 2021/22 pasou a ser o segundo gardameta do equipo e na sexta xornada tivo a oportunidade de debutar ante o Cartagena, aproveitando a lesión do porteiro titular, Óscar Whalley.[4] Continuou defendendo a portería do Anxo Carro durante as seguintes 11 xornadas, ata a recuperación do aragonés.

En xullo de 2022 fichou polo Betis Deportivo, da Segunda División RFEF, onde foi titular indiscutible durante a 2022/23.[5] O 16 de setembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Betis na Primeira División, nun encontro ante o FC Barcelona no Lluís Companys, substituíndo na segunda parte ao lesionado Rui Silva. Entrou cando o marcador reflectía unha vitoria local por 2-0 e no minuto 62 encaixou o seu primeiro gol na máxima categoría, obra do valenciano Ferran Torres. Rafinha e João Cancelo completaron a goleada catalá (5-0).[6]

Dous meses despois, e por mor das baixas de Rui Silva e Claudio Bravo, volveu actuar co primeiro partido, disputando o derbi contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.[7] Na seguinte xornada xogou ante o Las Palmas no Benito Villamarín, sendo un dos máis destacados do equipo bético, que gañou por 1-0.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz Rolle, Iván (9 de setembro de 2020). "Otro vuelo de A Madroa al Ángel Carro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  2. "Vieites firma por el Celta". canteiraceleste.com (en castelán). 10 de xuño de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  3. Lorenzo, Álvaro (8 de setembro de 2020). "Vieites el futuro en la portería del Lugo". Marca (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  4. "El Lugo se pone en manos de Vieites". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2021 2021. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  5. "Fran Vieites, nuevo refuerzo para el Betis Deportivo" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  6. Sánchez, Gonzalo (17 de setembro de 2023). "El cesureño Fran Vieites debutó en Primera División" (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  7. "La emoción de Fran Vieites tras el derbi: rompe a llorar con su madre" (en castelán). 13 de novembro de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  8. Lagos, Rubén (26 de novembro de 2023). "El héroe es Fran Vieites". As (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]