Miguel Loureiro
Loureiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Miguel Loureiro Ameijenda | ||
Nacemento | 21 de novembro de 1996 | ||
Lugar de nacemento | Cerceda | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2008 | Luis Calvo Sanz | ||
2008–2010 | Deportivo da Coruña | ||
2011–2014 | Bergantiños | ||
2014–2015 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2014 | Bergantiños | 28 | (2) |
2015–2016 | Pontevedra B | 23 | (3) |
2015–2017 | Pontevedra | 44 | (0) |
2017–2019 | Córdoba | 33 | (0) |
2019–2021 | Andorra | 45 | (1) |
2021–2022 | Racing de Ferrol | 34 | (1) |
2022– | Lugo | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 3 de agosto de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Loureiro Ameijenda, nado en Cerceda o 21 de novembro de 1996, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Lugo, da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Cerceda, formouse como futbolista nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz do Bergantiños.[1] En 2008 fichouno o Deportivo da Coruña para a súa canteira, pero só puido competir uns meses, ata que unha lesión o afastou dos terreos de xogo durante tres anos.[2] De regreso en Carballo, xogou co equipo xuvenil do Bergantiños na Liga Galega, e o 24 de agosto de 2013, con só 16 anos, debutou co primeiro equipo na Preferente, saíndo de titular nunha vitoria por 2-1 sobre o Atlético de Riveira na Fieiteira Marcou o seu primeiro gol o 1 de decembro, contra o Dumbría.
As súas actuacións espertaron o interese de varios equipos, entre eles o Celta de Vigo, que o incorporou para a súa canteira en xullo de 2014.[3] Xogou no equipo xuvenil celeste, co que foi campión da División de Honra.
En agosto do ano seguinte, o club comunicoulle que non contaba con el, polo que asinou polo Pontevedra CF, para xogar inicialmente no filial, o Pontevedra B, na Primeira Autonómica.[1] Con todo, xa esa tempada comezou a adestrar co primeiro equipo de Luisito, co que disputou os seus primeiros encontros. O seu debut co conxunto granate produciuse na primeira rolda da Copa do Rei, contra o Guijuelo. Xogou ademais sete partidos da Segunda División B co primeiro equipo, seis deles como titular. Na súa segunda tempada converteuse en titular indiscutible do primeiro equipo, co que xogou un total de 37 partidos, todos dende o inicio, e clasificouse para a disputa da promoción de ascenso.
En xullo de 2017 asinou un contrato de tres anos co Córdoba, da Segunda División.[4] Debutou na categoría de prata o 20 de decembro de 2017, nunha goleada por 5-0 sobre o Reus. Militou durante dous anos no club andaluz, perdendo a categoría ao remate da tempada 2018/19, ao rematar na penúltima posición. A continuación rescindiu o seu contrato e fichou polo FC Andorra, da Segunda División B.[5][6] Militou dúas tempadas no club andorrano, disputando un total de 46 partidos e marcando un gol.
En 2021 regresou a Galicia e fichou polo Racing de Ferrol para disputar a tempada inaugural da nova Primeira División RFEF.[7] Indiscutible no once inicial de Cristóbal Parralo, xogou 37 partidos, 36 deles como titular, e clasificouse para a promoción de ascenso, na que o equipo ferrolán caeu ante o Nàstic.[8] No verán de 2022 fichou polo Lugo, volvendo así á Segunda División.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Ferreiro, José M. (25 de agosto de 2015). "El lateral Miguel Loureiro ficha por el Pontevedra de Luisito". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Centeno, Alexandre (20 de outubro de 2018). "Miguel Loureiro: «Siento morriña, pero volver no es una prioridad»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "Miguel Loureiro primer fichaje del Juvenil A procedente del Bergantiños" (en castelán). 22 de xullo de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "Seis fichajes y dos renovaciones para poner caras al nuevo proyecto del CCF" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "Loureiro deja de pertenecer al Córdoba CF" (en castelán). 26 de xuño de 2019. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Rodríguez, Melissa (9 de agosto de 2019). "El cercedense Miguel Loureiro ficha por el Andorra de Piqué". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Quijano, Juan (19 de xuño de 2021). "El Racing ficha a Miguel Loureiro para el puesto de lateral derecho" (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ 8,0 8,1 "Miguel Loureiro, produto galego para o lateral do Lugo". Televisión de Galicia. 1 de agosto de 2022. Consultado o 3 de agosto de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).