Eric Puerto
| Nome orixinal | Eric Puerto Huerta |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 28 de outubro de 2002 (23 anos) Barcelona, España |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Porteiro |
Eric Puerto Huerta, nado en Estepa o 28 de outubro de 2002, é un futbolista español, que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural da Estepa sevillana, formouse como futbolista na Escola de Fútbol Peloteros Sierra Sur de Sevilla e máis tarde pasou polo equipo xuvenil do Séneca CF, antes de recalar a comezos de 2019 na canteira do Córdoba.[1] Na súa estancia de dous anos e medio no club cordobés, alternou partidos do xuvenil con encontros do filial, o Córdoba B, na Terceira División, ademais de adestrar habitualmente co primeiro equipo.[1]
No verán de 2021 fichou polo Antequera, da Segunda División RFEF. Na súa primeira campaña no club da provincia de Málaga, foi o gardameta suplente de Iván Moreno, ao tempo que exercía como adestrador de porteiros no Peloteros.[2] Xogou un só partido, na derradeira xornada ante o Cádiz B.[3] Na tempada 2022/23, coa marcha de Moreno ao Cacereño, Eric fíxose coa titularidade na portería de Antequera e disputou completos todos os encontros ata a xornada 30, na que o seu equipo se proclamou campión do Grupo 4, ascendendo así á Primeira División RFEF.[4]
Para o debut na categoría, o club recuperou a Iván Moreno e fichou ao histórico gardameta Carlos Kameni, pero Eric continuou asentado na titularidade ata que no mercado invernal recibiu unha oferta do Deportivo da Coruña. O club galego pagou a súa cláusula de rescisión e incorporouno como substituto do capitán Ian Mackay, cuxo contrato foi rescindido.[5][6] Na tempada 2023/24 non tivo apenas oportunidades, sendo o gardameta titular Germán Parreño, e só debutou na derradeira xornada de liga, cando o equipo xa era campión.[7] Foi o elixido por Idiakez para a disputa da Final de Campións contra o Castellón, da que o Deportivo tamén saíu vitorioso.[7]
A chegada do brasileiro Helton Leite para a tempada 2024/25, complicou aínda máis a súa situación, polo que en xaneiro acabou saíndo cedido ao Marbella FC, da Primeira Federación.[8] No conxunto andaluz foi titular en case todos os partidos da segunda volta, contabilizando 15 aparicións.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Total | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Córdoba B | 2019/20 | Terceira | 4 | 0 | - | - | 4 | 0 |
| 2020/21 | Terceira | 2 | 0 | - | - | 2 | 0 | |
| Total club | 6 | 0 | 0 | 0 | 6 | 0 | ||
| Antequera | 2021/22 | 2ª Federación | 1 | 0 | - | - | 1 | 0 |
| 2022/23 | 2ª Federación | 30 | 0 | - | - | 30 | 0 | |
| 2023/24 | 1ª Federación | 13 | 0 | 1 | 0 | 14 | 0 | |
| Total club | 44 | 0 | 1 | 0 | 45 | 0 | ||
| Deportivo da Coruña | 2024/25 | Segunda | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| Marbella | 2024/25 | 1ª Federación | 15 | 0 | 0 | 0 | 15 | 0 |
| Total carreira | 65 | 0 | 1 | 0 | 66 | 0 | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Eric Puerto, un ex del Córdoba CF que ficha por el Deportivo de La Coruña" (en castelán). 9 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Os presentamos al cuerpo técnico de nuestro CADETE A, el cual juega en PRIMERA ANDALUZA CADETE". Instagram (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Antequera pierde en su visita al Cádiz B". Diario Sur (en castelán). 15 de maio de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Antequera de Yeremy Socorro asciende a Primera RFEF" (en castelán). 15 de abril de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ Simón, José Manuel (8 de xaneiro de 2024). "El Dépor elige al sustituto de Mackay: una de las revelaciones de Primera RFEF" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Deportivo confirma la despedida de Mackay". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 Lema, Jorge (20 de xuño de 2024). "Eric Puerto elige competir por la portería del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ "Eric Puerto jugará cedido hasta final de temporada en el Marbella". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2024. Consultado o 20 de xuño de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).