Iano Simão
Iano Simão | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iano Simão da Silva Imbeni | ||
Nacemento | 2 de febreiro de 1999 (25 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bissau | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Arenteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2018 | Benfica de Bissau | ||
2018–2019 | Limianos | 27 | (4) |
2019–2020 | Montalegre | 20 | (7) |
2020–2021 | Choco | 28 | (4) |
2021–2024 | Fabril | 71 | (9) |
2024– | Deportivo da Coruña | 7 | (0) |
2024– | → Arenteiro | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2021– | Guinea-Bissau | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 2 de setembro de 2024. Selección: actualizado a 1 de febreiro de 2024.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Iano Simão da Silva Imbeni, nado en Bissau o 2 de febreiro de 1999, é un futbolista de Guinea-Bissau que xoga como lateral esquerdo no Arenteiro, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña. É internacional coa selección de Guinea-Bissau.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a practicar fútbol na súa Bissau natal, en pobres condicións. Xogaba descalzo e non foi ata os 15 anos cando puido calzar unhas botas de fútbol.[1] Debutou no Campionato Nacional nas filas do Benfica de Bissau, co que xogou tamén a Liga de Campións da CAF.
En 2018 deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Limianos, equipo do Campionato de Portugal, terceira máxima categoría do fútbol portugués. Militou unha campaña no club de Ponte de Lima e outra no Montalegre, de Vila Real, antes de cruzar o río Miño ata Galicia.[2]
O seu primeiro club galego foi o Choco, polo que fichou en xullo de 2020.[3] Ás ordes de Gonza Fernández disputou 28 partidos co equipo de Redondela na Terceira División RFEF, marcando tres goles.
En 2021 asinou xunto ao seu compañeiro Davo co Fabril, da mesma categoría, aínda que a incorporación ao filial deportivista atrasouse varios meses por problemas burocráticos.[4] Con todo, acabou converténdose nun titular indiscutible no conxunto adestrado por Óscar Gilsanz e na súa segunda tempada proclamouse campión da Terceira RFEF, ascendendo así á Segunda RFEF.[5]
O seu bo rendemento co filial fixo que en xaneiro de 2024 fose subido ao primeiro equipo, na Primeira Federación.[6] Debutou nun partido ante o Fuenlabrada en Riazor, substituíndo nos minutos finais ao francés Pablo Martinez,[7] e disputou un total de 166 minutos ata o final de tempada, repartidos en 7 partidos. Co equipo de Imanol Idiakez proclamouse campión absoluto da categoría, conseguindo o ascenso á Segunda División.
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Arenteiro, da Primeira Federación.[8]
Selección de Guinea-Bissau
[editar | editar a fonte]O 15 de novembro de 2021 debutou coa selección de Guinea-Bissau, nun partido contra o Sudán correspondente á clasificación para o Mundial de 2022.[9] Foi no estadio 24 de Setembro de Bissau, onde saltou ao terreo de xogo na segunda metade como substituto de Jorginho.[10]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Fabril
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (17 de decembro de 2023). "Iano Simâo, canterano del Deportivo: «Jugaba descalzo; hasta los 15 años no me puse unas botas de fútbol»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (26 de novembro de 2021). "El fútbol como sustento de la familia de un jugador del Fabril en Guinea". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ "El Choco ficha al extremo Iano Simón y renueva a Alberto Suárez" (en castelán). 16 de xullo de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ "Iano Simão ya se entrena con el Fabril" (en castelán). 23 de outubro d 2021. Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ García, Rubén (15 de novembro de 2023). "Iano Simao: "Cuando era pequeño saltaba un muro para ver jugar a mi selección”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ "Iano Simão incorpórase á disciplina do primeiro equipo". Deportivo da Coruña. 1 de febreiro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2024.
- ↑ "Iano Simão fala do seu debut en ABANCA-RIAZOR como o soño de todo canteirán". 2 de setembro de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ "Iano Simão, cedido ao CD Arenteiro". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ "Guinea Bisáu, co debut do fabrilista Iano Simão, igualou sen goles ante Sudán". Deportivo da Coruña. 15 de novembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ "Guinea-Bissau 0-0 Sudán". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).