Pablo Valcarce
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nome orixinal | Pablo Valcarce Vidal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 3 de febreiro de 1993 Ponferrada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,72 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 70 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo dereito | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pablo Valcarce Vidal, nado en Ponferrada o 3 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como extremo dereito e dianteiro. É irmán xemelgo do tamén futbolista Luis Valcarce, lateral esquerdo do Avilés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Numancia
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista no principal club do seu Bierzo, natal, a Ponferradina.[1] En 2011 debutou co filial na Terceira División, antes de ingresar xunto ao seu irmán xemelgo Luis no equipo xuvenil do Numancia. Na tempada 2012/13 subiu ao Numancia B e na segunda parte da campaña fíxose coa titularidade. O 30 de xaneiro de 2015, tanto el como o seu irmán Luis renovaron o seu contrato co club soriano ata 2017.[1] Debutou co primeiro equipo en Segunda División o 15 de marzo do mesmo ano, nunha derrota por 4-0 diante do Valladolid onde substituíu nos minutos finais a Javier del Pino.[2]
O 23 de agosto marcou o seu primeiro gol na categoría de prata, conseguindo o quinto tanto do seu equipo na goleada por 6-3 sobre o Tenerife.[3] Seis días despois, marcou dous goles máis na vitoria por 3-2 ante o Girona FC.[4]
En xaneiro de 2016 asinou o seu primeiro contrato profesional, ascendendo definitivamente ao primeiro equipo e recibindo o dorsal número 20.[5] Acabou a campaña con 7 goles, cifra que mellorou na seguinte campaña, con 8 dianas. A 2017/18 foi a súa última tempada no Numancia e pechouna disputando a promoción de ascenso á Primeira División, onde o equipo caeu eliminado na final ante o Valladolid. Xogou un total de 104 paritdos co primeiro equipo do club soriano, nos que marcou 19 goles.
Mallorca
[editar | editar a fonte]En xullo de 2018, tras rematar o seu contrato co Numancia, asinou por catro anos co Mallorca, tamén de Segunda.[6] Con todo, xogou só dez partidos durante a tempada (12 contando a Copa do Rei), e contribuíu cun gol ao ascenso do equipo de Vicente Moreno á Primeira División.[7][8]
Non chegou a debutar na máxima categoría, pois para a tempada 2019/20 regresou á Ponferradina, nunha cesión por un ano que finalmente foi ampliada a dous.[9] Durante ese tempo disputou un total de 73 partidos co club berciano, anotando 10 goles.
Burgos
[editar | editar a fonte]En agosto de 2021, despois de rescindir o seu contrato co Mallorca, incorporouse ao Burgos, equipo que viña de ascender á Segunda División.[10] Xogou 77 encontros co equipo burgalés durante dúas tempadas, marcando na primeira delas 10 goles, a cifra máis alta da súa carreira.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]No verán de 2023 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[11] Debutou na segunda xornada ante o Lugo e dúas semanas despois marcou o único gol do Deportivo no empate ante o Unionistas.[12] Aínda que dispuxo de oportunidades no treito inicial da campaña, disputando como titular cinco partidos, o seu escaso rendemento fixo que acabase por desaparecer das aliñacións de Imanol Idiakez e que non xogase ningún minuto dende decembro ata maio, cando o equipo xa conseguira o obxectivo do ascenso a Segunda.[12][13] En xuño o club anunciou a rescisión do seu contrato, pechándose a súa etapa no club cun total de 19 partidos, 17 deles como titular, e 2 goles.[14]
UD Logroñés
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2025, despois de medio ano sen equipo, fichou pola UD Logroñés, da Segunda Federación.[15]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Numancia B | 2012/13 | Terceira | 31 | 3 | - | - | - | - | 31 | 3 |
| 2014/15 | Terceira | 5 | 4 | - | - | 6 | 2 | 11 | 6 | |
| Total club | 36 | 7 | 0 | 0 | 6 | 2 | 42 | 9 | ||
| Numancia | 2014/15 | Segunda | 2 | 0 | 0 | 0 | - | - | 2 | 0 |
| 2015/16 | Segunda | 34 | 7 | 0 | 0 | - | - | 34 | 7 | |
| 2016/17 | Segunda | 36 | 8 | 1 | 0 | - | - | 37 | 8 | |
| 2017/18 | Segunda | 29 | 4 | 1 | 0 | 1 | 0 | 31 | 4 | |
| Total club | 101 | 19 | 2 | 0 | 1 | 0 | 104 | 19 | ||
| Mallorca | 2018/19 | Segunda | 10 | 1 | 2 | 0 | - | - | 12 | 1 |
| Ponferradina | 2019/20 | Segunda | 33 | 5 | 1 | 0 | - | - | 34 | 5 |
| 2020/21 | Segunda | 38 | 5 | 1 | 0 | - | - | 39 | 5 | |
| Total club | 71 | 10 | 2 | 0 | 0 | 0 | 73 | 10 | ||
| Burgos | 2021/22 | Segunda | 38 | 10 | 0 | 0 | - | - | 38 | 10 |
| 2022/23 | Segunda | 37 | 0 | 2 | 0 | - | - | 39 | 0 | |
| Total club | 75 | 10 | 2 | 0 | 0 | 0 | 77 | 10 | ||
| Deportivo da Coruña | 2023/24 | 1ª RFEF | 15 | 2 | 2 | 0 | - | - | 17 | 2 |
| UD Logroñés | 2024/25 | 2ª RFEF | 3 | 0 | - | - | - | - | 3 | 0 |
| Total carreira | 311 | 49 | 10 | 0 | 7 | 2 | 328 | 51 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira, a Segunda e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Pablo y Luis Valcarce, los gemelos de Ponferrada" (en castelán). 4 de marzo de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Monólogo del Valladolid ante un rival diezmado desde el inicio". Marca (en castelán). 15 de marzo de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Set del Numancia al Tenerife con lluvia de goles tras el descanso". Marca (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Victoria sobre la hora y liderato". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "El Numancia hace profesional a Pablo Valcarce" (en castelán). 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ El RCD Mallorca ficha a Pablo Valcarce hasta 2022 (RCD Mallorca sign Pablo Valcarce until 2022); RCD Mallorca, 2 July 2018 (in Spanish)
- ↑ Aguiló, Josep María (24 de xuño de 2019). "El Real Mallorca vuelve a estar entre los grandes" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ Estébanez, Álex (18 de xullo de 2019). "La Deportiva pesca en Mallorca" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ Otero, Roberto (19 de xullo de 2019). "La Ponferradina remata el 3x1 de este viernes con la llegada de Pablo Valcarce". Marca (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ Navarro, Jorge (1 de agosto de 2021). "Pablo Valcarce se convierte en el séptimo refuerzo del Burgos". Marca (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Valcarce, novo xogador do Dépor 2023-24". 22 de agosto de 2023. Consultado o 14 de setembro de 2023.
- 1 2 Losada, Víctor (29 de xuño de 2024). "El Deportivo y Pablo Valcarce separan sus caminos" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ Gómez, Xurxo (22 de novembro de 2023). "La intrascendencia de Pablo Valcarce" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ De la Cruz, Luis (29 de xuño de 2024). "La ‘operación salida’ del Depor continúa: adiós a Valcarce". As (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2025.
- ↑ Regueiro, Zeltia (20 de xaneiro de 2025). "La UD Logroñés rescata a Pablo Valcarce". DxT Campeón. Consultado o 4 de marzo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).