Pablo Vázquez
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Pablo Vázquez Pérez 7 de outubro de 1994 Gandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pablo Vázquez Pérez, nado en Gandia o 7 de outubro de 1994, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Sporting de Gijón, da Segunda División. Pode ocupar tamén a posición de centrocampista defensivo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Gandia, formouse como futbolista nas canteiras de tres clubs valencianos: Tavernes, Crack's e Huracán.[1] En 2013 debutou na Tercera División, nas filas do CD Llosa, e en xuño de 2014 fichou polo Ontinyent CF, da mesma categoría, onde se fixo inmediatamente coa titularidade.[2]
Na tempada 2015/16 xogou no San Fernando,[2] antes de fichar en 2016 polo Córdoba B.[3] Co filial verde xogou un total de 34 partidos na Segunda División B, marcando 4 goles. O 12 de outubro de 2016 debutou co primeiro equipo do Córdoba, nun partido da Copa do Rei ante o Cádiz que rematou con vitoria cordobesa por 2-1.[4]
En xullo do ano seguinte fichou por un novo filial: o Granada B.[5] Despois de seis meses no club e de disputar 20 partidos, todos completos, o seu bo rendemento valeulle ser cedido no mercado invernal a un equipo da Segunda División: o Alcorcón.[6] Debutou na categoría de prata na 23ª xornada, contra o Cádiz, substituíndo na segunda parte ao galego Jonathan Pereira.[7] Con todo, só disputou catro partidos máis co club de Alcorcón.
A continuación regresou a Andalucía, onde asinou un novo contrato, xa con ficha do primeiro equipo do Granada.[8] Con todo, non chegou a xogar ningún partido de liga co equipo nazarí, disputando só un partido de Copa do Rei ante o Elche no que marcou un gol. Ante a falta de minutos, para a segunda parte da tempada saíu cedido á Cultural Leonesa, de Segunda B, onde foi titular en todas as restantes xornadas.[9]
Trala fin da súa cesión rescindiu o seu contrato co Granada e fichou polo Badajoz.[10][11] Militou dúas campañas no equipo estremeño, xogando un total de 52 partidos, nos que marcou 8 goles, e disputou dúas veces a fase de ascenso a Segunda. En xuño de 2021 asinou como novo xogador do FC Cartagena, co que xogou durante dous anos na Segunda División, contabilizando un total de 57 partidos e 4 goles.[12]
No verán de 2023 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1] Axiña se converteu no líder da defensa, formando parella de centrais habitualmente co francés Pablo Martinez, e contribuíu tamén ofensivamente, sumando cinco goles.[13] Disputou un total de 40 partidos, todos agás un de titular, sendo así un dos alicerces do equipo que se proclamou campión da categoría, ascendendo á Segunda División.[14]
No seu regreso a Segunda completou a mellor tempada da súa carreira deportiva, sendo titular indiscutible tanto para Imanol Idiakez como para o seu substituto no banco, Óscar Gilsanz.[15] Disputou completos os primeiros 41 partidos de liga, quedando fóra do once inicial só na derradeira xornada, debido a uns problemas musculares.[16] Con todo, foi o xogador de campo con máis minutos disputados de toda a categoría, con 3.705.[17]
A pesar dos seus números e de ser considerado o alicerce defensivo do equipo nos dous anos anteriores,[18] o director deportivo Fernando Soriano definiu a súa tempada como "discreta", e o club non lle ofreceu a renovación.[19][20] Finalmente foi traspasado en xullo de 2025 ao Sporting de Gijón, da mesma categoría.[21]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Promoción | Outros[N 1] | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Llosa | 2013/14 | Terceira | 17 | 1 | - | - | - | - | - | - | 17 | 1 |
| Ontinyent | 2014/15 | Terceira | 37 | 1 | - | - | 2 | 0 | - | - | 39 | 1 |
| San Fernando | 2015/16 | Terceira | 37 | 4 | - | - | 6 | 0 | - | - | 43 | 4 |
| Córdoba B | 2016/17 | Segunda B | 34 | 4 | - | - | - | - | - | - | 34 | 4 |
| Córdoba | 2016/17 | Segunda | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| Granada B | 2017/18 | Segunda B | 20 | 3 | - | - | - | - | - | - | 20 | 3 |
| Alcorcón | 2017/18 | Segunda | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 5 | 0 |
| Granada | 2018/19 | Segunda | 0 | 0 | 1 | 1 | - | - | - | - | 1 | 1 |
| Cultural Leonesa | 2018/19 | Segunda B | 17 | 2 | 0 | 0 | - | - | - | - | 17 | 2 |
| Badajoz | 2019/20 | Segunda B | 20 | 2 | 4 | 2 | 2 | 1 | - | - | 26 | 5 |
| 2020/21 | Segunda B | 23 | 3 | 1 | 0 | 2 | 0 | - | - | 26 | 3 | |
| Total club | 43 | 5 | 5 | 2 | 4 | 1 | 0 | 0 | 52 | 8 | ||
| FC Cartagena | 2021/22 | Segunda | 33 | 2 | 3 | 0 | - | - | - | - | 36 | 2 |
| 2022/23 | Segunda | 18 | 1 | 3 | 1 | - | - | - | - | 21 | 2 | |
| Total club | 51 | 3 | 6 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 57 | 4 | ||
| Deportivo da Coruña | 2023/24 | 1ª Federación | 36 | 4 | 2 | 1 | - | - | 2 | 0 | 40 | 5 |
| 2024/25 | Segunda | 42 | 2 | 0 | 0 | - | - | - | - | 42 | 2 | |
| Total club | 78 | 6 | 2 | 1 | 0 | 0 | 2 | 0 | 82 | 7 | ||
| Total carreira | 339 | 29 | 15 | 5 | 12 | 1 | 2 | 0 | 368 | 35 | ||
- ↑ Inclúe partidos da Final de Campións de Primeira Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Pablo Vázquez, novo xogador do Dépor 2023-24". 15 de xullo de 2023. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- 1 2 "De rival, a parte del proyecto" (en castelán). 29 de xullo de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "La encrucijada de la defensa" (en castelán). 31 de outubro de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2023.[Ligazón morta]
- ↑ "El Córdoba muestra mejores condiciones en el Carranza". Marca (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "El Granada B incorpora 18 nuevos jugadores a su plantilla" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Hongla, cedido al Barça B y a Pablo Vázquez al Alcorcón". As (en castelán). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ Jiménez, Álex (21 de xaneiro de 2018). "Un acertado Alcorcón cierra el grifo a la racha del Cádiz". Marca (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "El Granada CF renueva a Pablo Vázquez" (en castelán). 16 de agosto de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Cesión de Pablo Vázquez" (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez se desvincula del Granada CF" (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez ficha por el Badajoz tras desvincularse del equipo" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez, un central contundente y de garantías para la defensa del Efesé" (en castelán). 18 de xuño de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ Zautúa, Israel (10 de xuño de 2024). "Las 29 operaciones de Soriano en el Deportivo, a examen". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Pereira, Eder (22 de outubro de 2024). "Pablo Vázquez cumple 50 partidos en el Dépor: "Me siento valorado"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "Pablo Vázquez se queda a las puertas de su 'Iron Man'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ "Los 3 datos que avalan el fichaje de Pablo Vázquez por el Sporting" (en castelán). 17 de xuño de 2025. Consultado o 19 de xuño de 2025.
- ↑ Pereira, Eder (11 de xullo de 2025). "La huella de Pablo Vázquez: "Ha sido protagonista y ha rendido a un nivel muy alto"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ Gómez, Xurxo (11 de xuño de 2025). "La "discreta" temporada de Pablo Vázquez" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ Miranda, Carlos (7 de xuño de 2025). "El Deportivo no renovará a Pablo Vázquez, que busca un equipo que apueste por él". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2025.
- ↑ "El Sporting de Gijón confirma el fichaje de Pablo Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2025. Consultado o 12 de xullo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Nados en 1994
- Nados en Gandia
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Ontinyent CF
- Xogadores do San Fernando CD
- Xogadores do Córdoba CF B
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Granada CF B
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Sporting de Gijón