O St. Jakob Park (en galego: Parque San Xacobe) é un estadio dedicado para a práctica do fútbol, situado en Basilea, no cantón de Basilea-Cidade, en Suíza. Nel xoga como local o FC Basel e ten unha capacidade de 42.500 espectadores. A súa dirección é St. Jakobs-Strasse, 395. 4020 Basel.
En 1998 o antigo estadio foi demolido e comezou a construción do novo St. Jakob-Park, que durou dous anos e medio, sendo inaugurado o 15 de marzo de 2001, custando 220 millóns de francos suízos.
Foi sede do partido inaugural do Eurocopa de 2008, ademais doutros 5 encontros.