Álvaro Carreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carreras
Información persoal
Nome Álvaro Fernández Carreras
Nacemento 23 de marzo de 2003
Lugar de nacemento Galicia
Altura 1,86 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Granada
Número 33
Carreira xuvenil
Galicia de Caranza
–2012 Racing de Ferrol
2012–2017 Deportivo da Coruña
2017–2020 Real Madrid
2020–2022 Manchester United
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022– Manchester United 0 (0)
2022–2023 Preston North End 39 (0)
2023– Granada 10 (0)
Selección nacional
2019 España sub-17 2 (0)
2023– España sub-21 5 (0)
Na rede
UEFA: 250153945 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de decembro de 2023.
Selección: actualizado a 10 de decembro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Granada, da Primeira División, cedido polo Manchester United.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña [1]. En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.[1]

Manchester United[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18.[1] Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.

Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.[1]

Cesión ao Preston North End[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[2] Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.

Cesión ao Granada[editar | editar a fonte]

En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada.[3] Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza.[4]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Antelo, Iván (26 de xullo de 2022). "Álvaro Carreras buscará la Premier con el Preston". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Fernández Carreras, la perla española del United, cedido al Preston". Marca (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  3. Cejudo, José Ignacio (2 de setembro de 2023). "Álvaro Fernández firma cedido por el Granada" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  4. "Granada - Girona: resumen, resultado y goles del partido de LaLiga EA Sports". Marca (en castelán). 19 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  5. "Un estreno brillante con goles y buen fútbol (0-6)". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 8 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]