Helton Leite
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 2 de novembro de 1990 Belo Horizonte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 71 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Helton Brant Aleixo Leite, coñecido como Helton Leite, nado en Belo Horizonte o 2 de novembro de 1990, é un futbolista brasileiro que xoga de gardameta no Vila Nova, da Serie B do Campionato Brasileiro.
Carreira
[editar | editar a fonte]Orixe e familia
[editar | editar a fonte]Naceu en Belo Horizonte, no estado de Minas Xerais, nunha familia moi vencellada ao deporte. Seu pai é o exfutbolista e político João Leite, histórico gardameta do Atlético Mineiro que é o xogador que máis veces vestiu a camiseta do club (684 partidos), e que foi internacional coa selección do Brasil. Súa nai é a antiga xogadora de voleibol Eliana Maria Aleixo, que foi capitá da selección brasileira de voleibol e participou nos Xogos Olímpicos de 1980.[1] Tamén a súa irmá Débora foi xogadora profesional de voleibol, mentres que a xemelga desta, Daniela, competiu como ximnasta nos Xogos Olímpicos de 2008.[1]
Comezos no fútbol
[editar | editar a fonte]Aínda que nun inicio seguiu os pasos de súa nai e practicou voleibol no Minas Tênis Clube, acabou por decantarse polo fútbol, ocupando ao igual que seu pai a posición de gardameta. Formouse nas canteiras do Atlético Mineiro, América Mineiro, Goiás e Grêmio.
En 2011 fichou polo J. Malucelli de Curitiba, club co que debutou o 1 de maio, nunha derrota por 2-1 ante o Operário Ferroviário correspondente ao Campionato Paranaense. A continuación pasou brevemente polo Ituiutaba, club da Serie B brasileira que nese momento cambiou de nome a Boa Esporte e co que non chegou a debutar.[2]
En xaneiro de 2012 fichou polo Ipatinga, da mesma categoría.[3] Debutou o 1 de abril de 2012 no Campionato Mineiro e xogou o seu primeiro partido na Serie B o 7 de agosto, saíndo de titular nunha vitoria por 0-2 diante do Bragantino no estadio Nabi Abi Chedid de Bragança Paulista. Disputou un total de 24 partidos durante a campaña, na que o equipo acabou descendendo á Serie C.
Criciúma
[editar | editar a fonte]O 8 de xaneiro de 2013 incorporouse ao Criciúma, que viña de ascender á Serie A.[4] Despois de conquistar o Campionato Catarinense,[5] debutou na máxima categoría do fútbol brasileiro o 31 de xullo, xogando os 90 minutos nun empate a un gol ante o Portuguesa. Competiu polo posto con Galatto e Bruno Brígido, contabilizando un total de 11 partidos no Brasileirão, e sufriu un novo descenso.
Botafogo
[editar | editar a fonte]O 7 de xaneiro de 2014 foi presentado como novo gardameta do Botafogo.[6] Durante dous anos ocupou o papel de terceiro porteiro por detrás de Jefferson e Renan, ata que a marcha de Renan e unha lesión de Jefferson o converteu no segundo gardameta do equipo por detrás de Sidão e máis tarde de Gatito Fernández. Durante eses anos viviu un ascenso á Serie A e foi subampión do Campionato Carioca.
Para a tempada 2018 foi cedido ao São Caetano, co que foi titular no Campionato Paulista.[7]
Boavista
[editar | editar a fonte]En xuño de 2018 deu o salto ao fútbol europeo, asinando como novo xogador do Boavista, da Primeira Liga portuguesa.[8] Foi titular na maioría de partidos das dúas seguintes tempadas, por diante do seu compatriota Rafael Bracalli, e foi elixido Mellor Porteiro do campionato dos meses de xaneiro e febreiro de 2020.[9]
Benfica
[editar | editar a fonte]O 8 de agosto de 2020 asinou un contrato por cinco anos co Benfica.[10] Aínda que na súa primeira campaña disputou un total de 26 encontros, apenas contou con oportunidades a partir do verán de 2021, sendo o grego Odisseas Vlachodimos o elixido habitualmente para defender a portería das "aguias".
Antalyaspor
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2023 deixou Lisboa e puxo rumbo a Turquía, onde fichou polo Antalyaspor da Süper Lig. No equipo de Antalya viviu o período de máis regularidade da súa carreira, disputando 52 encontros en tempada e media.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En agosto de 2024 instalouse en Galicia, ao asinar un contrato co Deportivo da Coruña, club que viña de ascender á Segunda División.[11] En menos dun mes converteuse no indiscutible porteiro titular do equipo, co que disputou un total de 37 encontros.[12] En agosto de 2025 anunciouse o seu regreso ao Brasil, despois de que o Fortaleza pagase a cláusula de rescisión do seu contrato.[12]
Fortaleza
[editar | editar a fonte]Debutou co equipo do estado do Ceará o 13 de agosto, nos oitavos de final da Copa Libertadores ante o Vélez Sársfield, converténdose no quinto gardameta en xogar co club durante a tempada, despois de João Ricardo, Brenno, Magrão, e Vinícius Silvestre.[13] Aínda que disputou as seguintes xornadas, axiña perdeu a titularidade en favor de Brenno, polo que disputou só seis partidos ao longo da tempada, ao remate da cal, o equipo acabou descendendo.[14]
Vila Nova
[editar | editar a fonte]En marzo de 2026 asinou polo Vila Nova, tamén da Serie B.[15]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Estatal[a 1] | Outros[a 2] | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| J. Malucelli | 2011 | Serie B | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | 1 | 0 |
| Boa Esporte | 2011 | Serie B | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 |
| Ipatinga | 2012 | Serie B | 23 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 23 | 0 |
| Criciúma | 2013 | Serie A | 11 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 11 | 0 |
| Botafogo | 2014 | Serie A | 3 | 0 | 0 | 0 | 5 | 0 | - | - | 8 | 0 |
| 2015 | Serie B | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 7 | 0 | |
| 2016 | Serie A | 6 | 0 | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | 11 | 0 | |
| 2017 | Serie A | 1 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 3 | 0 | 6 | 0 | |
| Total club | 17 | 0 | 5 | 0 | 7 | 0 | 3 | 0 | 32 | 0 | ||
| São Caetano | 2018 | - | - | 1 | 0 | 10 | 0 | - | - | 11 | 0 | |
| Boavista | 2018/19 | Primeira | 21 | 0 | 2 | 0 | - | - | 1 | 0 | 24 | 0 |
| 2019/20 | Primeira | 21 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 22 | 0 | |
| Total club | 42 | 0 | 3 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | 46 | 0 | ||
| Benfica | 2020/21 | Primeira | 15 | 0 | 5 | 0 | - | - | 6 | 0 | 26 | 0 |
| 2021/22 | Primeira | 2 | 0 | 3 | 0 | - | - | 2 | 0 | 7 | 0 | |
| 2022/23 | Primeira | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | 0 | 0 | 1 | 0 | |
| Total club | 17 | 0 | 9 | 0 | 0 | 0 | 8 | 0 | 34 | 0 | ||
| Antalyaspor | 2022/23 | Süper Lig | 17 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 17 | 0 |
| 2023/24 | Süper Lig | 34 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 35 | 0 | |
| Total club | 51 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 52 | 0 | ||
| Deportivo da Coruña | 2024/25 | Segunda | 37 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 37 | 0 |
| Fortaleza | 2025 | Serie A | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 6 | 0 |
| Total carreira | 202 | 0 | 19 | 0 | 18 | 0 | 14 | 0 | 253 | 0 | ||
- ↑ Inclúe partidos do Campionato Paranaense, Campionato Carioca e Campionato Paulista.
- ↑ Inclúe partidos da Copa Libertadores, Copa Río, Copa da Liga de Portugal e Europa League.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Criciúma
- Campionato Catarinense (1): 2013.
- Botafogo
- Campionato Brasileiro de Serie B (1): 2015.
- Taça Guanabara (1): 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Rauen, Carlos (4 de xaneiro de 2013). "Família de Helton Leite brilha no esporte" (en portugués). Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Ituiutaba, de forma oficial, já tem um novo nome: Boa Esporte Clube" (en portugués). 10 de xuño de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Ipatinga acerta a contratação do goleiro Helton Leite, do Boa Esporte" (en portugués). 19 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Goleiros reforçam o Criciúma" (en portugués). 8 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ Silva, Marcelo (19 de maio de 2013). "Chapecoense vence Criciúma, mas Tigre fica com o título catarinense" (en portugués). Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Goleiro Helton Leite, ex-jogador do Criciúma, é apresentado no Botafogo" (en portugués). 7 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Botafogo e São Caetano acertam ida de Helton Leite ao time paulista" (en portugués). 14 de decembro de 2017. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Helton Leite deixa o Botafogo e acerta com o Boavista, de Portugal" (en portugués). 12 de xuño de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Melhor goleiro do Português, Helton Leite defende Boavista, encara Porto e vislumbra Benfica" (en portugués). 23 de xuño de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Bem-vindo, Helton Leite!" (en portugués). 18 de agosto de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- ↑ "Helton Leite completa a portería do Dépor". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2024. Consultado o 13 de agosto de 2024.
- 1 2 "Helton Leite se despide del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2025. Consultado o 9 de agosto de 2025.
- ↑ "Helton Leite debuta con portería a cero en la Copa Libertadores con el Fortaleza" (en castelán). 13 de agosto de 2025. Consultado o 26 de agosto de 2025.
- ↑ Regueiro, Zeltia (25 de novembro de 2025). "Helton, de la Libertadores al ostracismo en un Fortaleza de descenso". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Vila Nova busca goleiro experiente no Fortaleza" (en portugués). 5 de marzo de 2026. Consultado o 26 de marzo de 2026.