Southampton F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Southampton
Red and White Stripes at St Mary's Stadium - geograph.org.uk - 431347.jpg
Nome Southampton Football Club
Alcume(s) Saints
Fundación 21 de novembro de 1885 (131 anos)
Estadio St Mary's Stadium,
Southampton, Inglaterra
Inauguración 1904
Capacidade 32.505
Presidente Alemaña Ralph Krueger
Adestrador Francia Claude Puel
Liga Premier League
2015–16 6.º
Vestimenta Umbro
Patrocinador aap3
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Southampton Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Southampton, Inglaterra. Xogan actualmente na Premier League inglesa, tras o seu ascenso na tempada 2011-12 coma subcampións do Football League Championship.

Xogan os seus partidos coma locais no St Mary's Stadium, estadio ó que se trasladaron no ano 2001, tras xogar no The Dell. O equipo ten o alcume de "The Saints" (en galego, "os santos") dende a súa fundación en 1885, debido á súa historia coma equipo de fútbol dunha igrexa, fundado co nome de St Mary's Church of England Young Men's Association (ou St Mary's Y.M.A), e dende entón xogan de vermello e branco. O club mantén unha longa rivalidade co Portsmouth F.C. debido á súa proximidade xeográfica e á historia marítima de ambos os dous clubs. Os partidos entre os dous equipos son coñecidos coma South Coast Derby.

O club gañou unha FA Cup en 1976, e a mellor posición en liga da súa historia é un segundo posto na First Division na tempada 1983-84.[1] O Southampton descendeu da Premier League o 15 de maio de 2005, rematando así cunha xeira de 27 tempadas consecutivas na máxima categoría do fútbol inglés.

Tras tres tempadas xogando no Championship, os Saints descenderon á League One no ano 2009. Tras dous anos xogando na terceira división inglesa, o club ascendeu dous anos consecutivos baixo o mando de Nigel Adkins. Adkins levou ó Southampton ó 15º posto da Premier League, pero en xaneiro de 2013 foi substituído polo antigo adestrador do RCD Espanyol, o arxentino Mauricio Pochettino.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Cadro actualizado a 17 de xaneiro de 2013.[2]

Posto País Xogador
1 POR Inglaterra Kelvin Davis
2 DEF Inglaterra Nathaniel Clyne
3 DEF Flag of Japan.svg Maya Yoshida
4 MED Francia Morgan Schneiderlin
5 DEF Flag of the Netherlands.svg Jos Hooiveld
6 DEF Flag of Portugal.svg José Fonte (C)
7 DIA Inglaterra Rickie Lambert
8 MED Steven Davis
9 DIA Inglaterra Jay Rodriguez
10 MED Flag of Uruguay.svg Gastón Ramírez
12 POR Flag of Argentina.svg Paulo Gazzaniga
13 DEF Escocia Danny Fox
15 DEF Flag of Norway.svg Vegard Forren
16 MED Inglaterra James Ward-Prowse
18 MED Inglaterra Jack Cork
19 DIA Flag of Japan.svg Tadanari Lee
20 MED Inglaterra Adam Lallana (C)
Posto País Xogador
21 DIA Flag of Brazil.svg Guly do Prado
22 DEF Inglaterra Frazer Richardson
23 DEF Inglaterra Luke Shaw
24 DIA Flag of Zambia.svg Emmanuel Mayuka
26 DEF Inglaterra Jack Stephens
27 MED Inglaterra Richard Chaplow
28 MED Inglaterra Calum Chambers
30 POR Flag of the United States.svg Cody Cropper
31 POR Polonia Artur Boruc
32 DEF Inglaterra Danny Butterfield
34 MED Inglaterra Corby Moore
36 DIA Inglaterra Jake Sinclair
37 MED Inglaterra Dominic Gape
38 MED Inglaterra Andy Robinson
39 MED Inglaterra Lloyd Isgrove
42 MED Inglaterra Jason Puncheon

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
11 DIA Inglaterra Billy Sharp (no Nottingham Forest ata o 30 de xuño de 2013)
14 MED Inglaterra Dean Hammond (no Brighton & Hove Albion ata o 30 de xuño de 2013)
25 DEF Inglaterra Danny Seaborne (no Bournemouth ata o 30 de xuño de 2013)
29 MED Inglaterra Ben Reeves (no Southend United ata o 27 de febreiro de 2013)
33 MED Bélxica Steve De Ridder (no Bolton Wanderers ata o 27 de febreiro de 2013)
35 DIA Inglaterra Sam Hoskins (no Stevenage ata o 30 de xuño de 2013)
DIA Inglaterra Lee Barnard (no Oldham Athletic ata o 30 de xuño de 2013)
DEF Inglaterra Ryan Dickson (no Bradford City ata o 30 de xuño de 2013)
POR Inglaterra Tommy Forecast (no Gillingham ata o 30 de xuño de 2013)
DIA Barbados Jonathan Forte (no Sheffield United ata o 30 de xuño de 2013)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

Ligas[editar | editar a fonte]

Copas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Greg Struthers (19 de febreiro de 2006). "Caught in Time: Southampton finish runners-up in the First Division, 1984". The Times (UK). Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  2. "Team Profiles". Southampton FC. Consultado o 10 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]