Saltar ao contido

SLAC National Accelerator Laboratory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SLAC National Accelerator Laboratory
Logo
AcrónimoSLAC
Tipocentro de investigación, Laboratorio e biblioteca
Data de fundación1962
Organización matrizDepartamento de Energia dos Estados Unidos e Universidade Stanford
EnCalifornia
PaísEstados Unidos de América
37°25′03″N 122°12′09″O / 37.4175, -122.2025
Na rede
http://www.slac.stanford.edu
Facebook: SLAC.National.Lab Twitter: slaclab Youtube: UCKzqyRUej9BI5dhdjwF09vQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

SLAC National Accelerator Laboratory (de xeito orixinal chamado Stanford Linear Accelerator Center,[1] é un laboratorio nacional dependente do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos de América operado pola Universidade de Stanford en Menlo Park, California.

Entrada a SLAC en Menlo Park
Entrada a SLAC en Menlo Park

A investigación do SLAC abrangue un amplo programa en física atómica, física do estado sólido, química, bioloxía e medicina usando raios X da radiación sincrotón e láser de electróns libres tanto como física teórica e investigación experimental en física das partículas elementais, física de astropartículas e cosmoloxía.

Fundado no 1962 como Stanford Linear Accelerator Center, as instalacións están localizadas en 172 hectáreas de terreo da Universidade de Stanford na estrada de Sand Hill en Menlo Park, California, xusto ó oeste do principal campus da universidade. O acelerador principal ten 3,2 km de longo, sendo o acelerador linear máis longo do mundo dende 1966, ano no que comezou a operar.

Premio Nobel
Premio Nobel

A investigación no SLAC deu lugar a tres Premios Nobel de Física, debidos a:

As posibilidades de SLAC tamén teñen proporcionado lugar de xuntanza para o Homebrew Computer Club e outros pioneiros do ordenador persoal a finais dos 1970 e comezos dos 1980.

No 1984 o laboratorio foi nomeado como lugar histórico de enxeñaría mecánica (ASME National Historic Engineering Landmark) e fito do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE).[5]

SLAC dedesenvolveuse, e, en decembro de 1991, comezou a hospedar o primeiro servidor World Wide Web fóra de Europa.[6]

De comezos a finais dos anos 1990, o Stanford Linear Collider (SLC, colisionador linear de Stanford) ten investigado as propiedades do Bosón Z usando o Stanford Large Detector (Gran detector Stanford).

A partir de 2005, SLAC empregou máis de 1000 persoas, preto de 150 das cales foron físicas con doutorado, e serviu a máis de 3000 investigadores visitantes ao ano, que operan aceleradores de partículas para a física de altas enerxías e o Laboratorio de Radiación Sincrotrón de Stanford (SSRL) para investigacións de radiación de luz sincrotrón , "indispensable" na investigación que levou ao Premio Nobel de Química do ano 2006 outorgado ao profesor de Stanford, Roger D. Kornberg.[7]

En outubro de 2008, o Departamento de Enerxía anunciou que o nome do centro cambiaríase ao de SLAC National Accelerator Laboratory. Os motivos expostos inclúen unha mellor representación da nova dirección do laboratorio e a capacidade de marca do nome do laboratorio. A Universidade de Stanford opúxose legalmente ao intento do Departamento de Enerxía de rexistro da marca "Stanford Linear Accelerator Center".[8]

En marzo de 2009 anunciouse que o Laboratorio Nacional Acelerador de SLAC recibiría 68,3 millóns de dólares en financiamento da para ser desembolsado polo Departamento de Enerxía da Oficina de Ciencia.[9]

No 2020 tómase a foto de máis definición nun disparo, 3200 Megapixel, probando unha cámara para o Vera Rubin LSST.[10]

  1. "October 15, 2008 - Stanford Linear Accelerator Center renamed SLAC National Accelerator Laboratory". home.slac.stanford.edu. Consultado o 2019-03-03. 
  2. "The Nobel Prize in Physics 1976". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-03-03. 
  3. "The Nobel Prize in Physics 1990". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-03-03. 
  4. "The Nobel Prize in Physics 1995". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-03-03. 
  5. "Milestones:Stanford Linear Accelerator Center, 1962 - ETHW". ethw.org. Consultado o 2019-03-03. 
  6. "Archives and History Office: Early Chronology and Documents". www.slac.stanford.edu. Consultado o 2019-03-03. 
  7. "The Nobel Prize in Chemistry 2006". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-03-05. 
  8. "SLAC Today". today.slac.stanford.edu. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 2019-03-05. 
  9. "March 23, 2009 - SLAC National Accelerator Laboratory to Receive $68.3 Million in Recovery Act Funding". home.slac.stanford.edu. Consultado o 2019-03-05. 
  10. Gnida, Manuel. "Scientists capture largest digital photo ever taken in a single shot". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]