Viladecans Business Park, Edif. Brasil, Carrer de Catalunya, 83, 08840, Viladecans (Barcelona) Parque de Negocios Mas Blau II, Pla de l'Estany, 5, El Prat de Llobregat, Barcelona 08820 Spain
Comezou operacións en xullo de 2004 con base en Barcelona como aeroliña independente, aínda que tras a súa fusión con Clickair en 2009 é filial de Iberia. Existen numerosas discrepancias sobre a natureza da compañía, pois moitos coinciden en que se trata nunha aeroliña de baixo custo ou "low-cost" como Ryanair ou Easyjet, e outros a consideran unha aeroliña de nova xeración similar á súa fundadora JetBlue Airways ou a alemá Germanwings que xunto ao produto de baixo custo, ofrecen opcións premium.
A base principal de Vueling desde a súa creación e tamén a súa hub desde maio de 2010 está en Barcelona, mentres que conta con numerosas bases de operacións no resto de España nos aeroportos de Madrid, Sevilla, Bilbao, Palma, Málaga-Costa do Sol, Valencia, Alacant e Eivissa.[3] Desde 2011, conta tamén con dúas bases internacionais, unha en Ámsterdam-Schiphol e outra en Tolosa; sendo a única aeroliña española con bases fóra de España. Ademais, a compañía proponse medrar no resto de Europa coa apertura dunha nova base en Paris-Orly[4] onde xa opera frecuencias diarias internacionais a Zúric e a Roma xunto co resto de frecuencias a España. É tamén unha das tres únicas aeroliñas de baixo custo de Europa, xunto con Air Baltic e Norwegian Air Shuttle que operan voos en conexión, algo moi típico entre aeroliñas de baixo custo de América.