Aeroporto de Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Frankfurt
Flughafen Frankfurt am Main

Frankfurt Airport logo 2016.svg

AirportFrankfurt fromair.jpg

IATA: FRA – ICAO: EDDF
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador Fraport
Cidade/Illa Frankfurt
Elevación (msnm) 111 metros / 364 pés
Coordenadas 50°02′00″N 008°34′14″L / 50.03333, -8.57056Coordenadas: 50°02′00″N 008°34′14″L / 50.03333, -8.57056
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
07R/25L 4 000 13 123 asfalto
07C/25C 4 000 13 123 asfalto
18 4 000 13 123 formigón
07L/25R 2 800 9 240 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 60 792 308
Vista da terminal 2.

O Aeroporto de Frankfurt (alemá: Flughafen Frankfurt am Main) (IATA: FRA, ICAO: EDDF), construído no ano 1936, está situado a 12 km do centro da cidade e conta con catro pistas. Está xestionado pola compañía de transportesFraport.

É, por tráfico de pasaxeiros, o principal aeroporto de Alemaña, o terceiro de Europa (despois do Aeroporto de Heathrow en Londres e do Aeroporto Charles de Gaulle de París), e o noveno a nivel mundial. Por tráfico de mercadorías é o segundo aeroporto a nivel europeo.

Ten o maior número de voos directos a mundo de todos os aeroportos europeos, 275 a 111 países. En 2010 viaxaron polo aeroporto 53,0 millóns de pasaxeiros.

Está prevista a construción da que sería a súa terceira terminal de pasaxeiros, a partir do 2013 e que entrará en servizo no 2020, para incrementar a súa capacitade ata os 90 millóns de pasaxeiros.

Ao aeroporto pódese chegar por estrada, e conta con dúas estacións de tren, unha rexional e outra para tráfico de longa distancia. Deste xeito, o aeroporto conecta de xeito intermodal a unha grande rexión, pois está por vía terrestre a menos de dúas horas de Colonia, da área do río Ruhr e de Stuttgart.