Saltar ao contido

Aeroporto de Cidade Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Cidade Real
Cidade Real, Ballesteros de Calatrava e Villar del Pozo Editar o valor en Wikidata

Tipoaeroporto Editar o valor en Wikidata
EpónimoCidade Real Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguraciónnovembro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Demoliciónvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Transporte
Ofrece servizo aCidade Real Editar o valor en Wikidata
Pistas de aterraxe10/28
lonxitude: 4.100 m
amplitude: 60 m
material: asfalto
Editar o valor en Wikidata
Código IATACQM Editar o valor en Wikidata
Código ICAOLERL Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 38°51′23″N 3°58′12″O / 38.8564, -3.97
Situado enCidade Real, Ballesteros de Calatrava e Villar del Pozo Editar o valor en Wikidata
Altitude2.086 pés Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBairportcria.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Aeroporto Central Cidade Real (IATA: CQM, OACI: LERL), anteriormente chamado Aeroporto Don Quixote e Aeroporto Madrid Sur-Cidade Real, é un aeroporto privado situado na provincia de Cidade Real, entre a capital provincial, Cidade Real, e a cidade de Puertollano. É o primeiro aeroporto internacional privado de España e ocupa unha superficie de 1.234,45 hectáreas. O investimento alcanzou os 1.100 millóns de euros.

O aeroporto ten unha soa pista de 4.000 metros de lonxitude, 60 metros de anchura e unha orientación 10/28, que permite dar servizos a voos nacionais e internacionais, así como unha rúa de rodadura de 3.000 m de lonxitude. Parte das instalacións dedícanse a voos privados e deportivos. O complexo ten unha área de mantemento, un heliporto e unha zona industrial de 10 km². Ademais, proxectouse como o primeiro aeroporto español conectado ao sistema AVE, non obstante tal estación non chegou a ser construída. A súa capacidade estimada era de máis de 2 millóns de pasaxeiros ao ano.

Dende abril de 2012 está pechado e inactivo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]